Publicado por: MontePituco | 12/01/2011

…QUE MORRO TEÑEN!

Francisco Veiga

(alcalde de Marín)

Xosé María Vilaboa

(concelleiro de Urbanismo)

…que inmenso MORRO tedes!!!

 

Despois de que DEFENDE O MONTE PITUCO (PORNEDO) contara con imaxes perfectamente contrastables (“DAQUELAS LAMEIRAS, ESTAS POEIRAS“) os efectos da riada que se produciu dende o alto do Pornedo ata o centro urbán de Marín, atravesando matos e leiras por San Xulián abaixo, varios días despois saen á palestra o alcalde e o concelleiro de Urbanismo para queixarse de que as obras realizadas para acometer o trazado da Variante motiva en boa parte as impactantes inundacións que vén padecendo a vila cando arrecia un temporal de auga e vento.

E aínda por riba porfían como túzaros en instalar un macro-polígono industrial xusto por riba da tal variante. Pois pasará, veciños e veciñas que, en vez dunha, imos ter que tomar sete tazas de “caldo” cada vez que alguén por aí arriba dea en exprimir as nubes. Unha semana despois de que estas chuvias persistentes fixeran a súa aparición, as cunetas da Avenida de Ourense seguen cheas de lama.

Veiga e Vilaboa, parella de “morning-singers” que van camiño de pasar á Historia local como os artífices da nova faceta da que Marín pode chegar a facer gala en próximos anos, como PSOE e BNG saian coa súa (se as furnas non llelo impiden o próximo mes de maio):

Marín, a Venecia do Morrazo, a albufera invernal do fondo da ría. Non che hai terra coma ela!


Responses

  1. Fran Veiga, sabe nadar e gardar a roupa.
    Antes de ser alcalde foi puto en Venecia.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: