Publicado por: MontePituco | 15/12/2010

O PXOM DE MARÍN: UN CRISTO!!!

COMUNICADO DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS

  

A XUNTA REQUIRE AO CONCELLO DE MARÍN QUE CORRIXA AS DEFICIENCIAS DE INTEGRIDADE DOCUMENTAL E DO EXPEDIENTE ADMINISTRATIVO DO PXOM

O municipio tén que remitir, como parte integrante da tramitación medioambiental, o documento de inicio e a proposta de memoria ambiental

Medio Ambiente manifesta que en relación aos informes que esixe a lexislación sectorial, non constan o informe da Delegación do Goberno en Galicia, documentos da consellería competente en conservación da natureza ou agricultura e informe do Patrimonio das Administracións Públicas

A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo require ao Concello de Marín que envíe os documentos correspondentes a todas as fases de tramitación do PXOM tanto en formato papel como en soporte dixital

O Concello de Marín deberá integrar no documento do seu PXOM as determinacións recollidas na memoria ambiental aprobada pola Xunta o 15 de abril de 2010 e as consideracións dos informes sectoriais desfavorables

Santiago, 15 de decembro de 2010.- A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo remitiu un requirimento ao Concello de Marín no que se lle solicita que corrixa as DEFICIENCIAS DE INTEGRIDADE DOCUMENTAL e do EXPEDIENTE ADMINISTRATIVO do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

En relación co expediente administrativo achegado, a Xunta considera que aínda que o procedemento de avaliación ambiental estratéxica xa tiña rematado no momento en que se procedeu á aprobación provisional, por canto A MEMORIA AMBIENTAL EMITIUSE O 15 DE ABRIL DE 2010, as súas determinacións teñen CARÁCTER VINCULANTE E DEBERÁN REFLECTIRSE NO DOCUMENTO DO PLAN QUE SE APROBE PROVISIONAL E DEFINITIVAMENTE.

O Concello de Marín deberá integrar no documento do seu PXOM as determinacións recollidas na memoria ambiental aprobada pola Xunta o 15 de abril de 2010 E AS CONSIDERACIÓNS DOS INFORMES SECTORIAIS DESFAVORABLES. No plan tamén deberán constar as determinacións que se conteñen nos distintos informes emitidos polos servizos técnicos e xurídicos municipais relativos á conformidade do plan coa lexislación vixente. En consecuencia, ELABORARASE UN ÚNICO TEXTO REFUNDIDO do PXOM do Concello de Marín que TERÁ QUE SER SOMETIDO NOVAMENTE A APROBACIÓN PROVISIONAL POLO PLENO MUNICIPAL.

Medio Ambiente sinala que é preciso QUE O DOCUMENTO QUE SE REMITA TRALA APROBACIÓN PROVISIONAL ESTEA DEBIDAMENTE DILIXENCIADO, deixando constancia de que o informe reflicte fielmente o aprobado provisionalmente, SEN QUE HAXA LUGAR A DÚBIDAS.

O municipio tén que remitir, como parte integrante da tramitación medioambiental, O DOCUMENTO DE INICIO E A PROPOSTA DE MEMORIA AMBIENTAL. Ademais, no que se refire ao trámite de información pública, cómpre ACHEGAR AS ALEGACIÓNS PRESENTADAS, COAS CORRESPONDENTES DILIXENCIAS.

A Xunta de Galicia manifesta que en relación aos informes que esixe a lexislación sectorial, NON CONSTAN O INFORME DA DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA, documentos da consellería competente en conservación da natureza ou agricultura e INFORME DO PATRIMONIO DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS.

No expediente, consta un certificado expedido pola Secretaría Municipal o 15 de xaneiro de 2010, relativo aos informes solicitados con ocasión do segundo trámite de información pública, pero non en relación ás solicitudes efectuadas con posterioridade. Ademais, MÓSTRANSE VARIOS INFORMES DESFAVORABLES, polo que deberán incorporarse ao documento do plan todas as determinacións que se establecen nos informes sectoriais, SOMETÉNDOSE DE NOVO AOS ORGANISMOS COMPETENTES PARA QUE EMITAN INFORME FAVORABLE.

A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo require ao Concello de Marín que envíe os documentos correspondentes a todas as fases de tramitación do PXOM tanto en FORMATO PAPEL como en SOPORTE DIXITAl. No que respecta ás contestacións ás alegacións presentadas nos dous períodos de información pública, deben presentarse DEBIDAMENTE FOLIADAS, RUBRICADAS E DILIXENCIADAS.

Antecedentes

O Concello de Marín procedeu á aprobación provisional do seu plan en data 20 de abril de 2010, polo tanto antes da entrada en vigor da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes. Non obstante, o referido acordo de aprobación provisional adoptouse condicionado ao cumprimento dunha serie de cuestións derivadas dos diferentes informes sectoriais emitidos con carácter desfavorable.

(Este é o COMUNICADO da Consellería).

 


Responses

  1. […] https://montepituco.wordpress.com/2010/12/15/o-pxom-de-marin-un-cristo/ […]

  2. https://breaseixo.wordpress.com/?s=L%C3%ADo+de+follas

  3. Gracias Monte Pituco pola información .No pleno de febreiro de 2009 no blog de breaseixo tamén utilizarón o “Grito” de Munch coma protesta ante tanto politico nefasto,moi boa elección,sobran palabras.Unha aperta

  4. Hai que agradecer e aplaudir, coma sempre, a BreaSeixo, o seu enxeño “interpretando” as noticias.
    Grazas tamén, a Aguete, pola visita e polo comentario. Non coñecía ese artigo de BreaSeixo no que poñía o cadro de Munch. Dígoche un “segredo”: eu quería ilustrar este ‘post’ cunha canción de Herdeiros da Crus que se titula “De Jesusiño fixeron un cristo”, pero como non sae no Youtube, optei por unha imaxe que, aínda sendo menos enxebre da terra, non é menos representativa: o caos, a deriva, a inseguridade, a incerteza…
    Un saudiño.

  5. Agradecida e sorprendida pola memoria de Aguete.
    Efectivamente a ese pleno do mes de febreiro de 2009 levamos este cuadro inmortal de Munch. Cunha pequena diferenza: nós escribímoslle na parte de arriba
    “Votar BNG?
    Nooon!”.
    E foi un dos carteis censurados por Fran Veiga, que no lo mandou retirar.
    Había outro cartel coa foto dun bloque de cemento+Rosa= Zurullo de caca. Ese tamén foi censurado.
    Faltaban poucos días para as eleccións autonómicas.
    Supoño que aínda andará algunha foto dese pleno por ahí.
    Grazas Aguete. E grazas Monte Pituco.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: