Publicado por: MontePituco | 07/12/2010

CARTA AO REI MAGHO

Distinguidisísisisimo alcalde de Marín, D. Francisco Veiga

Dende o pasado mes de abril, o colectivo veciñal Defende o Monte Pituco (Pornedo) vén dirixíndose á Alcaldía para solicitar un encontro persoal co seu titular a respecto do uso industrial que o Goberno local que vostede encabeza quere darlle a este espazo natural pertencente aos Montes do Morrazo. Un encontro que nunca se chegou a producir en tanto as reiteradas peticións que se lle cursaron mensualmente non tiveron resposta.

Apelando unha vez máis á necesaria interlocución entre a veciñanza e os dirixentes municipais, Defende o Monte Pituco (Pornedo) volve exercer o seu dereito cidadán para obter información directa sobre o polígono industrial que o Goberno local no seu conxunto, e a Concellería de Urbanismo en particular, aspira a instalar nun terreo de máxima intervisibilidade ou impacto visual e urbanístico, cunha pendente que inhabilita máis do 90% da súa superficie para ese fin empresarial, cunha afección irreversible sobre os numerosos Bens de Interese Cultural -petroglifos e mámoas- que se atopan na zona e outros elementos de valor etnográfico, e cun risco potencial para a perda dos abundantes mananciais que suministran auga para consumo doméstico e de regadío aos habitantes de Pena, Caeiro, Bravos, Arealonga, Laxe, Casal e outros lugares da contorna.

Por estes motivos, solicitámoslle que acolla con receptividade este ÚLTIMO ESCRITO QUE DEFENDE O MONTE PITUCO (PORNEDO) LLE ACHEGA NESTE ANO 2010 para que, á maior brevidade posible, durante o mes de xaneiro de 2011, reciba a unha delegación desta asociación veciñal marinense que pretende informalo dos motivos que fan inviable a pretensión do Concello, pese ao indicado no PXOM que o Concello lle vén de entregar á Xunta.

Malia a súa recente e breve reunión coa Asociación de Veciños de San Xulián, que lle entregou un escrito que reflicte tamén a inquedanza e o rexeitamento deste colectivo encol do uso industrial do Monte Pituco (Pornedo), demandámoslle unha entrevista específica para tratar esta cuestión.

Defende o Monte Pituco (Pornedo) tamén require a atención da Alcaldía de Marín para darlle a coñecer o proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, ao formar parte da comisión técnica que impulsa esta iniciativa de dimensións históricas, culturais, ambientais e turísticas, que xa conta co apoio dunha vintena de organizacións sociais.

Atentisísisisimamente,

Defende o Monte Pituco (Pornedo)


Responses

  1. Outro que tal baila!!
    Esta aptitud de negativa a escuchar a un colectivo- obligación implícita al cargo y sueldo- cabe solo entenderla como excesiva prepotencia, despotismo
    o como incapacidad total de manejar el tema, bien por ignorancia o porque como títere que ha demostrado ser desde que está incubando pollitos en la poltrona,
    tiene las manos atadas.
    Me decanto por una combinación de ingredientes:
    “Revuelto de HueVos salpimentado generosamente con “mala fe” y con nulo fundamento porque la receta a cinco meses vista les va a indigestar.
    Que los Reyes Magos os cumplan vuestras necesidades y deseos.
    Judas Tadeo, Rita, Expedito todos ellos santos de las causas justas, urgentes e imposibles.
    Encénderlle unha veliña, todo axuda!!
    Suerte.

  2. Además de con las ideas, no está de más demostrarlo con la mano.
    “mano izquierda alcalde,
    mano izquierda”
    no se esconda en el mutismo, salga del “tobo” y ejerza con sus vecinos que es a quien tiene que tener contentos.

  3. …De causa imposible, nada. Xusta, pensamos que si. Urxente, cremos que tamén. Pero, imposible??!! Hai argumentos abondo a prol da protección deste monte. Negarse a escoitalos é un capricho. Valorar outra alternativa para a dotación de chan industrial é unha neglixencia. Chuzar un polígono neste espazo é unha imposición.
    Grazas polas intervencións.

  4. Creo me has malinterpretado. No es por la causa “mi imposible”, por supuesto, “mi imposible” hace referencia a que a día de hoy ha sido imposible sentar en un despacho a este individuo y llegar a un mínimo diálogo.

    • Desculpa, entón. Nese sentido, tes razón. O único que obtivemos do alcalde neste último ano foi un aplastante e inxustificable “silenzo administrativo”, equivalente a unha negativa, en todo caso.
      Eso, e un desplante no pasillo do seu despacho, porque simplemente se xirou de media volta, dounos as costas e botou a andar con moita présa. Eu creo que se tivera melena, como a Pantoja, dábanos con ela no fuciño, do aire que levaba. Nese intre tamén estaban os concelleiros de rural e de xardíns, que deberon quedar algo cortados pola reacción e pasaron un anaco terqueando connosco, tratando de xustificar, infructuosamente para eles, a decisión a respecto da ubicación do posible polígono.
      Noite aciaga. Ese día aprendemos que non era convinte dirixirse ao alcalde despois dun pleno, sobre todo, se resultara movido.

  5. Os Reis Magos non existen

    O rei mago
    Diciembre 21, 2008

  6. https://breaseixo.wordpress.com/2008/12/21/o-rei-mago/


Deixa unha resposta a MontePituco Cancelar a resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: