
Distinguidisísisisimo alcalde de Marín, D. Francisco Veiga
Dende o pasado mes de abril, o colectivo veciñal Defende o Monte Pituco (Pornedo) vén dirixíndose á Alcaldía para solicitar un encontro persoal co seu titular a respecto do uso industrial que o Goberno local que vostede encabeza quere darlle a este espazo natural pertencente aos Montes do Morrazo. Un encontro que nunca se chegou a producir en tanto as reiteradas peticións que se lle cursaron mensualmente non tiveron resposta.
Apelando unha vez máis á necesaria interlocución entre a veciñanza e os dirixentes municipais, Defende o Monte Pituco (Pornedo) volve exercer o seu dereito cidadán para obter información directa sobre o polígono industrial que o Goberno local no seu conxunto, e a Concellería de Urbanismo en particular, aspira a instalar nun terreo de máxima intervisibilidade ou impacto visual e urbanístico, cunha pendente que inhabilita máis do 90% da súa superficie para ese fin empresarial, cunha afección irreversible sobre os numerosos Bens de Interese Cultural -petroglifos e mámoas- que se atopan na zona e outros elementos de valor etnográfico, e cun risco potencial para a perda dos abundantes mananciais que suministran auga para consumo doméstico e de regadío aos habitantes de Pena, Caeiro, Bravos, Arealonga, Laxe, Casal e outros lugares da contorna.
Por estes motivos, solicitámoslle que acolla con receptividade este ÚLTIMO ESCRITO QUE DEFENDE O MONTE PITUCO (PORNEDO) LLE ACHEGA NESTE ANO 2010 para que, á maior brevidade posible, durante o mes de xaneiro de 2011, reciba a unha delegación desta asociación veciñal marinense que pretende informalo dos motivos que fan inviable a pretensión do Concello, pese ao indicado no PXOM que o Concello lle vén de entregar á Xunta.
Malia a súa recente e breve reunión coa Asociación de Veciños de San Xulián, que lle entregou un escrito que reflicte tamén a inquedanza e o rexeitamento deste colectivo encol do uso industrial do Monte Pituco (Pornedo), demandámoslle unha entrevista específica para tratar esta cuestión.
Defende o Monte Pituco (Pornedo) tamén require a atención da Alcaldía de Marín para darlle a coñecer o proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, ao formar parte da comisión técnica que impulsa esta iniciativa de dimensións históricas, culturais, ambientais e turísticas, que xa conta co apoio dunha vintena de organizacións sociais.
Atentisísisisimamente,
Defende o Monte Pituco (Pornedo)



Outro que tal baila!!
Esta aptitud de negativa a escuchar a un colectivo- obligación implícita al cargo y sueldo- cabe solo entenderla como excesiva prepotencia, despotismo
o como incapacidad total de manejar el tema, bien por ignorancia o porque como títere que ha demostrado ser desde que está incubando pollitos en la poltrona,
tiene las manos atadas.
Me decanto por una combinación de ingredientes:
“Revuelto de HueVos salpimentado generosamente con “mala fe” y con nulo fundamento porque la receta a cinco meses vista les va a indigestar.
Que los Reyes Magos os cumplan vuestras necesidades y deseos.
Judas Tadeo, Rita, Expedito todos ellos santos de las causas justas, urgentes e imposibles.
Encénderlle unha veliña, todo axuda!!
Suerte.
By: librealbedrío on 08/12/2010
at 10:31
Además de con las ideas, no está de más demostrarlo con la mano.
“mano izquierda alcalde,
mano izquierda”
no se esconda en el mutismo, salga del “tobo” y ejerza con sus vecinos que es a quien tiene que tener contentos.
By: agnóstico político on 08/12/2010
at 11:13
…De causa imposible, nada. Xusta, pensamos que si. Urxente, cremos que tamén. Pero, imposible??!! Hai argumentos abondo a prol da protección deste monte. Negarse a escoitalos é un capricho. Valorar outra alternativa para a dotación de chan industrial é unha neglixencia. Chuzar un polígono neste espazo é unha imposición.
Grazas polas intervencións.
By: MontePituco on 08/12/2010
at 17:59
Creo me has malinterpretado. No es por la causa “mi imposible”, por supuesto, “mi imposible” hace referencia a que a día de hoy ha sido imposible sentar en un despacho a este individuo y llegar a un mínimo diálogo.
By: librealbedrío on 08/12/2010
at 23:03
Desculpa, entón. Nese sentido, tes razón. O único que obtivemos do alcalde neste último ano foi un aplastante e inxustificable “silenzo administrativo”, equivalente a unha negativa, en todo caso.
Eso, e un desplante no pasillo do seu despacho, porque simplemente se xirou de media volta, dounos as costas e botou a andar con moita présa. Eu creo que se tivera melena, como a Pantoja, dábanos con ela no fuciño, do aire que levaba. Nese intre tamén estaban os concelleiros de rural e de xardíns, que deberon quedar algo cortados pola reacción e pasaron un anaco terqueando connosco, tratando de xustificar, infructuosamente para eles, a decisión a respecto da ubicación do posible polígono.
Noite aciaga. Ese día aprendemos que non era convinte dirixirse ao alcalde despois dun pleno, sobre todo, se resultara movido.
By: MontePituco on 09/12/2010
at 22:04
Os Reis Magos non existen
O rei mago
Diciembre 21, 2008
By: breaseixo on 10/12/2010
at 14:46
https://breaseixo.wordpress.com/2008/12/21/o-rei-mago/
By: breaseixo on 10/12/2010
at 15:04