A Comunidade de Montes de Salcedo organiza este sábado 20 de novembro, a partir das 17:30 horas, no Colexio San Martiño (lugar de Igrexa, en Salcedo), a I Xornada sobre o Monte Comunal.
– 17:30 Presentación e apertura das sesións.
– 18:00 Proxección da documental “O noso monte”, documento histórico gravado no ano 1978.
– 18:40 Conferencia-coloquio a cargo de Angel Bravo, técnico responsable da busca de toda a documentación pericial de lindes, actos de posesión, etc. do monte San Martiño, que foi presentada na reclamación xudicial contra o Ministerio de Defensa.
– 19:30 Proxección dun vídeo resumindo a loita dos veciños contra a implantación da franxa de seguridade da Brilat e en protesta polas obras do Ministerio de Defensa no monte comunal de San Martiño.
– 20:00 Coloquio e ao remate da xornada, un pinchiño de empanada e viño para todos os asistentes.
En relación a este conflicto co Exército, lembrar que a Comunidade de Montes de Vilaboa tamén lle reclama a Defensa unha parcela de 15 hectáreas na zona de Postemirón. Os terreos foron cedidos polo Concello de Vilaboa en 1968 e os comuneiros veñen de pedir a súa devolución polo procedemento administrativo. A Comunidade de Montes recorreu finalmente á vía xudicial e será o 15 de marzo de 2011 cando se celebre a vista, no Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra.
(A fotografía procede da web de Non á franxa).
Deixar unha resposta