Aprendéstesnos a dicir fento, toxo, moucho, pegha, raposo, reghato, outeiro. Coñeciades estes montes coma a palma da man. Botastes o gando a pacer onde verdecía a herba, recollestes nel a leña coa que quentastes os nosos fogares e o estrume para as cortes, bebestes dos seus mananciais.
Nestes montes namorastes, nestes montes están as vosas pegadas e a suor do voso traballo, nestes montes está o eco das vosas voces. E aínda que xa non estades fisicamente connosco, a vosa memoria é o combustible inesgotable que nos impulsa a defender este legado insustituible que nos deixastes.
Non imos ceder. O voso espírito está vivo en cada floriña ventureira, en cada poza de auga, en cada pedra, en cada árbore. Alá onde se pouse a vista está a paisaxe que os vosos ollos admiraron por anos e anos. E así debe seguir sendo.
Dende o Alén, o voso alento empúrranos, dános valor e razóns. Vós non vos venderiades, vós loitariades, vós non vos conformariades nin vos dariades por vencidos. “Turrade, rapases…”. Dádenos folgos, almiñas benditas. Vinde canda nós sempre e guiainos nesta selva de intereses, falsidades e hipocresías. Confortainos coa vosa beizón.
Amén.
[…] tamén o artigo ESPÍRITO E MEMORIA VIVA, do 2 de novembro de 2010). Like this:LikeBe the first to like this […]
By: DESDRAMATIZAR A MORTE « DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo) on 02/11/2011
at 11:05