O blog DEFENDE O MONTE PITUCO (PORNEDO) vén de incorporar unha nova sección de Arte Rupestre para dar a coñecer o patrimonio histórico da zona, ameazado polo proxecto de instalación do polígono industrial que pretende construir o Concello de Marín coa complicidade da Comunidade de Montes de San Xulián e procurando o financiamento da Xunta. Todos os petroglifos teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) e están dotados da máxima protección legal e cultural. Dende esta páxina alertamos da situación de desprotección na que se atopan estes gravados: sen sinalización, sen perímetro de seguridade, rodeados de maleza e no máis absoluto desdén por parte das autoridades e das entidades competentes. Agás por un grupo de persoas e colectivos que nos últimos meses veñen impulsando a creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños.
Pasen e vexan. Coñezan e admiren. Respecten e difundan. Grazas.
Deixar unha resposta