Publicado por: MontePituco | 08/10/2010

RITMO DE OUTONO

Cando esta tarde esteamos no pleno do Concello, asistindo aos tediosos cruces dialécticos entre goberno e oposición, tararearemos mentalmente “…todo canto temos é este longo outono”. E imaxinaremos un cambio de escenario que, non por máis insólito, sería menos oportuno: sustituimos o salón de sesións polo monte; no lugar das bancadas de madeira nobre, unha fila de pedras; desaparecen a vidrieira e as paredes repintadas e situamos as árbores e a matogueira como telón de fondo. Sería outro cantar: o alcalde xa non se distraería co reloxo de pulseira, senón cun paxaro que pasara voando; os concelleiros de medio ambiente e de urbanismo deleitaríannos con discursos amables sobre sostibilidade e respecto á natureza; e os populares tomarían aire puro antes de criticar con vehemencia a hipocresía dos nacionalistas, mentres que os independentes xa non acusarían o goberno local de “disparar con pólvora de rei”, senón de “estar nos biosbardos”. Que estampa lúdico-político-festiva tan bucólica…

…Música que soa a outono, a vento zoando e a pingas de chuvia petando na fiestra. Por que non imos ao monte cando escampe? 


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: