Publicado por: MontePituco | 29/08/2010

SOBREVOANDO O MONTE

O helicóptero da Policía Nacional sobrevoou hoxe Cotorredondo e os Montes do Morrazo nos límites entre Marín, Pontevedra e Vilaboa, para contribuir ao rastrexo multitudinario que se realizou nesa zona, coa participación de centos de voluntarios, para tratar de localizar algunha pista vencellada a Sonia Iglesias, a veciña de Pontevedra desaparecida o pasado 18 de agosto. Algúns dos participantes nesa batida pola Lagoa de Castiñeiras, que rematou sen resultados fructuosos, sinalaron que hai tanta maleza e o terreo é tan abrupto, que “é como buscar unha agulla nun palleiro”. O monte é grande de máis como para poder abarcalo na súa totalidade. Por iso, este chamamento a todas as persoas que adoitan pasear por el no seu tempo de lecer, e aos habitantes próximos que vaian facer algunha corta de madeira ou apañar toxo, para que ollen ao seu redor e estean pendentes da aparición de calquera elemento sospeitoso. Quen sabe onde pode xurdir un indicio fiable. Ata o martes seguiranse realizando concentracións diarias en Campo da Torre, o barrio de Sonia Iglesias en Pontevedra. O 1 de setembro celebrarase unha manifestación de apoio que sairá ás 21:00 horas da Praza da Ferrería. A partir de aí, as mostras de solidariedade limitaranse a concentracións semanais, todos os mércores, á mesma hora e no mesmo lugar que o indicado para a manifestación.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: