Publicado por: MontePituco | 27/08/2010

A MANCOMUNIDADE DE MONTES DO MORRAZO SOBRE AS DOT

A directiva da Mancomunidade de Montes do Morrazo non chegou a celebrar unha xuntanza específica para facer unha diagnose encol do documento das Directrices de Ordenación do Territorio. A respecto da exclusión dos Montes do Morrazo do catálogo de espazos protexidos no novo documento que está en fase de exposición pública, cada unha das comunidades integradas neste colectivo é soberana para facer a valoración que estime oportuna e para actuar, ou non, en consecuencia. Non obstante, houbo un pronunciamento público por parte do secretario da Mancomunidade, Manuel Soaxe, que se reproduce na seguinte cita textual:

“Sería interesante que a protección se mantuvera e incluso, ao mellor, que aumentara. Logo está a opinión de cada comunidade, que pode ser máis entusiasta de máis protección, ou menos. Pero o criterio xeral da Mancomunidade sería que existira máis protección. Porque o patrimonio que temos, á parte do forestal, da comarca é amplo, rico, interesante, a nivel arqueolóxico, etnográfico, natural, paisaxístico… E é moi fácil destrozalo. Se non hai certas figuras de protección, aínda con elas se está destrozando pouco a pouco. E non hai volta atrás, unha vez que se destroza, volver atrás é difícil”.

A Mancomunidade de Montes do Morrazo, á que pertencen aproximadamente unha ducia de comunidades de Marín, Bueu, Cangas, Moaña e Vilaboa, está integrada na Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común. Por desgraza, a Comunidade de Montes de San Xulián está á marxe desta organización e non é para nada partícipe das xuntanzas, das iniciativas conxuntas, nin moito menos das sinerxias que se xeneran no sector.

Por máis que a directiva da Mancomunidade a invitou a adherirse, mesmo con acuse de recibo, esta xunta rectora da Comunidade de Montes de San Xulián vai por libre. Acaso estea por riba dos problemas que lles afectan aos comuneiros e comuneiras do resto da bisbarra: non adolece de subvencións para acometer labores de repoboación, desbroce ou dotación de medios para as súas actividades; simpatiza co poder establecido e non amosa discrepancia ningunha coas actuais políticas de xestión do medio rural e do ámbito forestal.

Quedando á marxe da Organización Galega e da Mancomunidade do Morrazo, a Comunidade de Montes de San Xulián evidencia que non comparte os criterios destes colectivos que abogan polo desenvolvemento dun monte multifuncional e vivo, que se rexe con criterios de diversificación no aproveitamento dos seus recursos, de respecto polo patrimonio natural e cultural, de racionalidade e sostibilidade. Porén, a Comunidade de Montes de San Xulián alíñase directamente no polo oposto: o interese económico e a especulación, a destrucción irreversible do territorio, o despilfarro e o escurantismo nas súas contas, o favoritismo e o sometemento aos dictados externos, a involución máis absoluta… Unha mágoa para a parroquia de San Xulián.


Responses

  1. Menuda comunidade de montes que hai que sufrir en San Xulian ¡

    • Volvemos lembrar, de xeito ilustrativo, dous comentarios moi reveladores que plasman a actitude destes directivos.
      O primeiro, a finais do pasado ano, con motivo da presentación dunhas contas anuais, que non foron aprobadas pola asamblea. A este respecto, o presidente afirmou, ante todos os presentes:
      -“Ai, non aprobades as contas? Alá vós!”.
      O segundo, a respecto dunha charla informativa que demos, o pasado mes de xaneiro, o colectivo de veciños opositores ao polígono. Despois de debullar todos os argumentos que tiñamos naquel entón, aos cales se foron sumando moitos máis, principalmente o que ten que ver co estudo topográfico da zona afectada e que revela a súa forte pendente… Pois entre os comentarios que suscitou toda esa información, a directiva da comunidade de montes fixo moito fincapé en apoiar o proxecto industrial e, de feito, estamos convencidos do labor subrepticio que os da xunta rectora fixeron en datas previas á asemblea, para predispoñer os comuneiros e comuneiras na nosa contra. Cando xa non lles quedaban máis argumentos para xustificar o inxustificable, o vicepresidente (e potencial sucesor do presidente actual, como o teñen autoproclamado os seus propios colegas) soltou a frase coa que se desenmascarou:
      -“Antes de que o leve a Brilat pola cara, prefiro que o leve o polígono!”
      Referíase ao conflicto co Ministerio de Defensa a propósito da franxa de seguridade do acuartelamento, que afecta a monte comunal de San Xulián. Nun claro intento de manipular o público, deixou caer que a Brilat se apropiaba do monte gratuitamente, mentres que pola construcción do polígono a Comunidade de Montes ía cobrar. Velaí o pelotazo urbanístico que lle interesa a esta directiva: urbanizar por urbanizar, embolsar por embolsar, sen criterio, saltándose á bartola todas as recomendacións técnicas, perxudicando aos veciños máis próximos ao suposto polígono e a todos os comuneiros en xeral que perderán para sempre unha amplísima superficie de monte cunha capacidade de producción forestal ilimitada no tempo, fronte a unha chaira de formigón que só daría pan para hoxe e fame para mañá.
      Simplemente, lamentable.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: