Publicado por: MontePituco | 10/08/2010

ALCALDE, LE E TOMA NOTA

Estamos nuns momentos de deslocalización das industrias, non estou descubrindo nada novo, aquí temos tamén exemplos, e as empresas buscan aqueles lugares onde lles resulta máis barato a man de obra e por tanto imos seguir sufrindo este fenómeno durante moitos anos, non só aquí. Entón, algo que non se pode deslocalizar nunca é o patrimonio. Se ti pos en valor o que tes, in situ, indubidablemente eso non cho poden levar a ningún lado. E hai que dicir tamén, moi alto e moi forte, que a Cultura, o Patrimonio e a Historia si producen postos de traballo. Non só durante o tempo que se estivo construindo este Centro se empregou man de obra e por tanto se mantiveron postos de traballo, senón que a posteriori tamén dá lugar á creación de postos de traballo, máis diversificados que outras ramas do tecido laboral en xeral. Entón, eu quero reivindicar a importancia da Cultura, do Patrimonio e da Historia como elemento de atracción turística, como elemento produtor de emprego e, dende logo, para Pontevedra é importantísimo non só á hora de que investigadores sobre esta época medieval veñan aquí, senón tamén o interese que podemos espertar nos turistas en xeral, que sabemos que si lles gustan este tipo de cuestións.

Teresa Casal, tenente alcalde de Pontevedra, anunciando -este pasado venres 6 de agosto- a próxima inauguración do Centro de Interpretación das Torres Arzobispais (CITA) de Pontevedra.

Adicamos esta cita textual ao alcalde de Marín, o tamén socialista Francisco Veiga, e á póla nacionalista do Goberno local, en particular á concelleira de Cultura de Marín, Esther Crespo, ao concelleiro de Urbanismo, Xosé María Vilaboa, e ao resto da Corporación municipal, empezando polo concelleiro popular e presidente da Comunidade de Montes de San Xulián, Francisco Casal, para que tomen en consideración esas palabras. Para que tomen nota da riqueza patrimonial do Monte Pornedo (Pituco) en materia de gravados rupestres. Para que apoien a creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. Para que aposten pola posta en valor da Cultura, do Patrimonio e da Historia que rezuma este monte, e busquen outra localización para o polígono industrial.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: