Publicado por: MontePituco | 06/08/2010

CONSELLEIRO, ATENDE!

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas estivo hoxe en Marín. Viña asinar un convenio de colaboración para mellorar o saneamento e tamén se reuniu cos veciños dos núcleos do litoral afectados pola Lei de Costas. Os habitantes próximos ao Monte Pituco (Pornedo) tamén temos asuntos que expoñerlle, pero como non temos audiencia, a Asociación de Veciños de San Xulián expón nun comunicado todas as cuestións pendentes.

A AA.VV. de San Xulian, ante a presenza en Marín do conselleiro de Infaestructutras para firmar un convenio de saneamento, trasladámoslle a nosa queixa pública pola situación de abandono na que se atopa a variante de Marín na súa saída no Pituco, que enlaza coa estrada Marín-Figueirido. Asimesmo denunciamos as deficientes reposicións realizadas e tamen non feitas, despois de gastar varios millóns de euros que só os deberon empregar nos pomposos carteis que a Xunta bipartita puxo. Ademais, resulta vergoñenta a escombreira que o Concello montou a carón do regato da Grela, e que a Xunta tolera. A día de hoxe non lle buscaron solución ás augas que veñen de dito vial e que anegan Os Bravos e Velafins en época de chuvia e riadas.

Vimos demandando a actualización do vial Marín-Figueirido, ensanchándoo e dotándoo de beirarrúas, pois os veciños/as desta zona da parroquia estamos vivindo cunha perigosa inseguridade vial. O aumento de coches procedentes do actual tramo da variante de Marín e da súa futura continuación necesita unha rede viaria que desconxestione o volume de vehículos procedentes de dito vial. Do contrario, trasladamos o tapón de trafico do centro de Marín á rúa Rosalía de Castro (antes Jaime Janer), co cal, en vez de solucionar o problema, estariamos xerando outro.

Desta situación vimonos queixando hai anos, sen que o alcalde, os seus socios do BNG e o presidente da Deputación fagan nada, ata o momento, por mellorar a estrada e as demandadas beirarrúas. Agardamos que o convenio que asinen non corra a mesma sorte. Lamentamos que este problema non o teña na axenda o goberno local, o cal demostra o pouco interese e vontade política por destinar un euro a solucionalo.

Por último, recordarlle que non asuma a pretensión do PP, BNG e PSOE de facer do Monte Pornedo (Pituco) unha nova aberración medioambiental, ao querelo converter nun miniparque-industrial. Busquen unha alternativa de menor impacto posible e de máximo consenso que aporte unha solución de futuro á problematica do chan industrial.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: