Publicado por: MontePituco | 28/02/2010

ERRE QUE ERRE (RQR)

Din que “quen a segue, conséguea”. E pode que acabe levando “o gato á auga”, cousas peores se viron. De todos modos, aí están pequenos David -os veciños de Placeres son un exemplo de tantos- para demostrar que Goliat non é invencible. O alcalde Francisco “Erre Que Erre” (RQR) Veiga insiste denodadamente en que o monte Pituco é a ubicación alternativa para as empresas asentadas no porto de Marín. Non debe ter moi boa memoria, pero aí están as hemerotecas para refrescarlla. Salvo que no Pituco houbera un movemento telúrico imperceptible (cousa moi pouco probable, pola dramática e desgraciada trascendencia dos recentes tremores en Chile e Haití) que nos últimos 10 anos rebaixara a cota de desnivel do monte, actualmente as pendentes seguen sendo igual de fortes.

E pouco máis que dicir. A política é un tinglado moi decepcionante. A cidadanía sempre fixo unha valoración moi deficiente dos políticos, en xeral, por algo será: a falta de seriedade, a incongruencia e o empeño persoal en levar adiante proxectos “con calzador”, a golpe de “bemoles”, forzando os informes técnicos ou simplemente obviándoos, está á orde do día. No Pituco porque si, que diría RQR, que minte cando xura e perxura que non houbo alegacións no PXOM a ese proxecto. O que o Goberno local pretende supostamente aforrar artellando -de xeito irracional- un polígo no Pituco, pódeno gastar ben en dinamita, pas excavadoras e formigón, do inmenso movemento de terra que sería necesario facer para achandar o terreo e poñer taludes. Cousa negada…


Responses

  1. Estas frases saqueinas dun post que Erasmo escribeu no foro marinense.com
    Rurales y urbanitas

    “…Don Francisco “el Desdichado” aprovechó que en la última reunión del consejo de administración del Puerto no estaba el alcalde de Pontevedra para criticar que este organismo quiera llevar, según él, la zona logística a la capital. De una vez por todas alguien le tiene que poner en su sitio a este personaje y ya que ni el pueblo ni la oposición lo hacen quizás la iniciativa debiera partir de su propio partido, porque este sujeto nos lleva a la ruina. Primero, porque no hay necesidad de enfrentamientos estériles y segundo porque está dinamitando el buen nombre de Marín ante otras instituciones amén de impedir el progreso de la ciudad.

    Porque, vamos a ver, a qué viene tanta gilipollez dicha por esa boquita. El alcalde se ha empecinado con el Pituco en contra de los propios empresarios del Puerto que no quieren saber nada de esta zona para instalar sus industrias. ¿Pero es posible que no se entere? Se lo volvemos a repetir: l-o-s/ e-m-p-r-e-s-a-r-i-o-s/ q-u-e/ e-s-t-á-n /i-n-s-t-a-l-a-d-o-s/ e-n/ e-l / P-u-e-r-t-o/n-o/ q-u-i-e-r-e-n/ i-r/ a-l /P-i-t-u-c-o. Más claro, agua. …”

    • Grazas, BreaSeixo, ti sempre ollo-avizor do que se di e do que se opina “NestaVilaDoNosoSeñor”.
      Pituquiña e demais veciños Pituqueiros ou Pornedianos -que xa parecemos civilizacións marcianas, parafraseando os nosos amigos de Macenlle e Vista Alegre- estamos ultimando hoxe as consideracións que mañá imos presentar ante a Xunta de Galicia con respecto ao documento inicial do Plan de Solo Empresarial de Galicia. Os informes topográficos, con toda clase datos técnicos e contrastados, son ROTUNDOS. E ata aquí podo poñer. Mañá, en primicia, e nos días sucesivos, iremos debullando o que dá de si o noso modesto informe.

    • Ah! E grazas unha vez a Erasmo por reiterar por enésima vez a súa opinión a respecto da ubicación de chan industrial en Marín. Tamén nos valen de moito as súas palabras. Confiemos en que concorden coa valoración das tales empresas.

    • Pois si que son cabezóns estes políticos. O alcalde de Marín ben se podía dignar primeiro en recibir os colectivos que llo demandan e ata ben pouco polo menos non o fixo cos veciños da zona afectada. Quizás prefire non escoitar algo que lle poida trocar a sua tese preconcebida, seguramente para el non valeran tampouco os informes técnicos (feito por profesionais do ramo e que polo tanto saben moi ben do que falan) que desaconsellan totalmente a ubicacion deste polígono nunha zona de tanta riqueza natural e paisaxística.
      Ademais resulta ser un político de curtos alcances, hai que pensar no futuro a medio e longo prazo tamén e non só a curto, porque de pouco serve montar un poligono empresarial nunha zona sen apenas posibidades de expansión, xa contando co brutal impacto ambiental que se causaría.
      Deberían propoñer outra zona, aínda que a realidad de ver un polígono en condicións leve máis tempo.

      • …Vaia, vaia, sorpresa sorprendente, un albocacereño de adopción, nin máis nin menos que no blogue do Pituco. Isto si que non o supera nin saír no xornal El País. Ou será espellismo. Vai haber que pedir santo e seña.
        Pois si… Temos entre mans unha “bomba informativa”, falando en termos de xornalismo deportivo. Que vén sendo máis do mesmo, tampouco será ningunha novidade espectacular, pero que nos reafirma no que consideramos, modestamente. E de paso, igual lle tapa a boca a máis dun, que ata non hai moito intentaba facernos quedar de parvos dicindo que o Pituco/Pornedo era a única superficie de monte “chan” que había en todo Marín. Non sei o que entenden polo concepto “chan”, pero os técnicos teñen unha opinión totalmente contraria á deles. Aínda así, insisto, hai casos nos que a realidade supera a ficción e en política todo o descabellado que se poida imaxinar, pode suceder.
        Polo que xa non paso, por moitas diferencias que haxa de criterio, porque está claro que eles din Pituco sí e nós dicimos Pituco non, e o que resulta inadmisible nun representante público é a falta de educación, o deixar unha veciña coa palabra na boca, mentirlle na cara con argumentos falsos a sabendas de que ela coñece a verdade, e poñer excusas tan peregrinas como unha repentina dor de cabeza (producto dun pleno movidito) para fuxir escaleiras abaixo. Éche o que che hai.
        Benvido.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: