Publicado por: MontePituco | 27/02/2010

…TOMA CICLOXÉNESE EXPLOSIVA

Que chove. Que vente. Pingas coma chuzos de punta e aire a mil por hora. Que saiamos voando todos polo airo. Que se cabree ben este planeta e nos mande tomar polo saco. Que se xunten isobaras, borrascas, tormentas e toda clase de perturbacións atmosféricas. Que bailemos a danza da chuvia. Un conxuro axitador da enerxía telúrica. Santa Bárbara bendita. Que nos zoe ata no máis fondo da alma. Que nos engula o máis negro abismo.

…E que mañá volva saír o sol para darnos outra oportunidade.


Responses

  1. Que bonito país que temos, aínda con temporal.

  2. As Mouras son as que protexen os montes e as fontes e ás locas coma Pituquiña que andan por ahí facendo fotos sin terlle medo ás cicloxénesis

  3. Graciñas pola canción BreaSeixo.
    …Detrás daquelas nubes negras e cargadiñas de auga había unha lúa chea ben redondiña e relucinte. Que ben a vin eu despois do temporal. Foi unha (case) apacible noite de luar.

  4. Oe, rapaz:
    O título deste artigo aparece na na páxina de inicio de gl.wordpress.com e no taboleiro de cada usuario. A curiosidade pode facer que calquera entre a ver de que vai. E, que atopa? Un texto tremendamente violento e cheo de carraxe contra non se sabe que.
    Podes publicar o que che veña en gana, pero con esta entrada estás a desprestixiar este blogue, o que pode derivar ao desprestixio do movemento social no que este blogue está incluído (ecoloxismo, defensa do medio ambiente e do patrimonio, e damáis cousas polo estilo).
    Faites l’amour, pas la guerre. Anda, por favor.

    • …Sen favor, e grazas pola visita. A entrada é aberta, igual que a saída. Neste blogue exprésanse opinións libres e, por que non, tamén libertarias; dáse conta da evolución dun conflicto veciñal cun concello que aspira a instalar un polígono industrial nun espazo natural protexido; e en certas ocasións, como é o caso, ata se permite “unha” (que non “un”) facer reflexións con certa aspiración literaria.
      Que o texto che pareza “tremendamente violento e cheo de carraxe” é unha valoración desproporcionada a un puñado de frases que, certamente, teñen intención provocadora: son unha chamada urxente de atención ante a actitude indiferente da sociedade fronte ás agresións que sofre o medio ambiente. Non é momento nen lugar -para eso están os foros académicos e os medios especializados- de facer unha análise metacrítica dun artigo tan supostamente agresivo; polo visto, non apto para lectores hipersensibles que quizais prefiren relatos máis bucólicos sobre a natureza, a paz e o bo rollo.
      “In medio stat virtus”. No medio está a virtude. Non te pases. Tampouco é para tanto.

      • Ao mellor é que viches demasiadas películas de Jean Claude Van Dam e de Steven Seagal, que sempre encarnan personaxes defensoras do ben e da xustiza.

        http://www.jeanclaudevandamme.be/
        http://www.stevenseagal.com/

        A que eu lembro con máis horror é unha de Seagal na que dinamita unha central nuclear, en funcionamento, en Alaska:

        http://en.wikipedia.org/wiki/On_Deadly_Ground

      • Prezado visitante (dous puntos). Igual se confunde de blogue. Pódolle recomendar uns cantos sobre cine, aínda que me temo que non aprezan tanto coma vostede as películas de serie B. Eu particularmente prefiro a literatura. Pódolle recomendar que repase, como estou facendo estes días, os poemarios de Uxío Novoneyra e Manuel María sobre O Courel e a Terra Cha. Mais, non creo que coincidamos en gustos literarios, como tampouco nos cinematográficos. En calquera caso, estamos encantados de contar con tan ilustre visita. Xa que parece gustarlle tanto a sétima arte, remato en termos cinéfilos: aínda que pareza mentira, esto pode ser “o principio dunha bonita amizade”. Do contrario, basta con premer a tecla “rexeitar”.

  5. Espero que che guste:
    Fausto Bordalo: “A voar por cima das águas”

    😉

  6. Este Theme fai cousas moi raras. ademáis confundinme de “embed code”.
    BORRA e cambia o que queras, que agora xa estou experimentando en blog alleo

    • …Escoitar a Fausto sempre é un gusto, aínda que a miña favorita é “Se tu fores ver o mar (Rosalinda)”.
      Moito me temo que a vacaloura de LudusNaturae venta chuva con efecto retardado. Doutro xeito, non se explica semellante liorna de comentarios, contra-comentarios e requete-comentarios.
      Corto e cambio. Fin do capítulo cicloxénese.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: