Publicado por: MontePituco | 23/02/2010

MENSAXE “DE” E “PARA” ADENCO

“…Cumplides unha máxima do movemento ecoloxista: pensar globalmente e actuar localmente. Desde o Grupo Ecoloxista Adenco animámosvos a seguir coas vosas reivindicacións dentro dun contexto amplo, sen pensar que o único que vos importa sexa “o voso carballo”. As loitas son particulares e individuais en moitas ocasións, pero teñen que encadrarse nuns obxectivos que vaian máis alá do lugar no que vivimos e das nosas preocupacións inmediatas. En fin, ánimo e, desde o noso colectivo, estaremos, dentro das nosas posibilidades, dispostos a axudar no que poidamos”.

Hai xa un tempo recibiamos esta alentadora mensaxe do Grupo Ecoloxista Adenco. E hoxe é DEFENDE O MONTE PITUCO o que se dirixe a este colectivo, cuxa actividade ambiental se centra nos concellos de Ponteareas, Mondariz, Mondariz Balneario, As Neves e Salvaterra. A Asociación para a Defensa da Natureza do Condado cumpre hoxe 20 anos de traxectoria. Moitos parabéns. Dúas décadas que abofé deberon dar para moito, dende que un grupo de mozos e mozas da bisbarra puxera en marcha este grupo de traballo para protección dos ríos, a conservación do patrimonio e a afición pola micoloxía. Algúns deles seguen traballando activamente vinte anos despois. Dende Marín, admiramos a súa adicación e agardamos que manteñan a ilusión do primeiro día, incorporando máis xente sensible e comprometida co medio ambiente.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: