Publicado por: MontePituco | 18/02/2010

ALERTA: Como NON chove miudiño…

Posibles inundacións futuras. Podería parecer unha mensaxe apocalíptica e mesmo algo confusa, entre o hipotético e o futurible, pero o significado vén sendo “…é posible que no futuro se produzan inundacións”. Máis aínda das que xa existen. Por qué? A variante de Marín só contempla tres zonas para a evacuación de augas pluviais procedentes do monte Pituco/Pornedo, tanto das súas propias vertentes naturais como das ladeiras creadas polo paso do vial:

1. Unha está enfocada ao Regato da Grela

2. Outra orientouse no lugar do Caeiro cara a unha vertente natural que no cartografía non está calificado nin sequera como regato

3. Unha terceira cara aos acuíferos do Menguello, de onde se leva auga para a poboación residente nas Pedreiras

Actualmente a zona da rúa Lameiriña xa padece inundacións considerables cando hai choivas abundantes, unha situación que tamén lle afecta de xeito severo á praza Marqués de Valterra, no límite entre Marín e Pontevedra. Baixos estragados, negocios danados, vivendas anegadas… Aínda resoan na nosa memoria unhas sabias palabras: “…A enxurrada chegará a Jaime Janer”. Quen advirte non é traidor.

E que hai da necesaria instalación dunha estación de bombeo que faga posible dotar de auga potable ese proxecto de polígono industrial? Que hai da necesaria instalación dun colector de augas residuais e fecais?

Acaso os usuarios dos acuíferos que nos fornecemos de auga para consumo doméstico e de regadío estamos legalizando os nosos mananciais en van? A auga que os veciños pelexamos por sanear e conservar durante todos estes anos vai ser para darlle servicio de balde aos inquilinos dese proxecto de polígono industrial? Que tipo de empresas pretenden instalar nese proxecto de polígono industrial? Imaxinan a grave contaminación que poidan provocar os seus residuos: …metais pesados, hidrocarburos?

Señores/as do Concello de Marín, señores/as da Comunidade de Montes de San Xulián. Dous puntos. Se este proxecto fora adiante, prepárense para recibir un aluvión constante de denuncias por verquidos, de demandas de inspección e do que faga falta.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: