Publicado por: MontePituco | 19/02/2010

INUNDACIÓN NO MARCO-AREALONGA


Se as obras de continuación da Variante de Marín provocan graves riadas de lama como a que esta semana anegou fincas, vivendas e baixos no Marco-Arealonga, que afectaron a numerosos veciños e veciñas da zona, que nos espera a un número moito maior de habitantes de Caeiro, Pena, Laxe, Casal e probablemente tamén a propia Arealonga, se vai adiante a construcción do polígono industrial proxectado no Pituco-Pornedo. Lembremos que as canalizacións para a baixada de augas pluviais, como xa se ten apuntado aquí, estarían enfocadas cara aos puntos de Menguello, Caeiro e Grela. O que tal baixe por aí, procedente de taludes, socalcos e terrapléns… é impredecible. Haberá que ir mercando xa a lancha, polo que poida pasar?

Así como o concelleiro de Urbanismo de Marín acudiu raudo e veloz á chamada dos veciños de Arealonga para constatar o importante alcance dos danos, quen sexa que vaia ostentar ese cargo na vindeira lexislatura xa pode aprender ben o camiño “do rural”, que sobre todo no outono e no inverno vai ser máis que asidua a súa asistencia. Falando de Rural, tamén o edil desa área no concello de Pontevedra botou man do incidente, posto que os afectados pola riada pertencen ás dúas localidades ao estar nesa zona o límite municipal. Quedou constancia desa visita na Nota de prensa enviada aos medios de comunicación.

Veciños e veciñas de Arealonga. As vosas mans estes días non pararon de carretar pedras, de desentullar regos, de baleirar de lodo os vosos terreos. Tedes a nosa solidariedade. Moitos de vós tamén sodes defensores do Monte Pituco. Mentres este non foi vítima das agresións provocadas polas obras da Variante, o monte era o noso escudo protector dos temporais, a despensa xenerosa para o noso gando e as nosas leiras, o noso pulmón verde. Agora treme de medo ante o panorama sombrío que se cerne sobre el: a estrada é unha fenda pola que seguirá sangrando ata que se tomen medidas paliativas, pero un polígono sería o veleno letal que acabaría coa súa vida. Entre todos, imos evitalo.

Preme no seguinte enlace para ver a reportaxe na web da Compañía da Radio Televisión de Galicia, que informou do percante no Telexornal Serán do 18 de febreiro de 2010.

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: