Publicado por: MontePituco | 15/02/2010

…EN VIEIROS

A problemática encol do Monte Pituco e o proxecto para construir nel unha Plataforma Loxística, polígono industrial ou como lle queiran chamar á posible desfeita que se cerne sobre este territorio natural, xa circula nos medios de comunicación, non só locais, senón de ámbito galego. Traemos a esta páxina a difusión que deste conflicto fai Vieiros, onde figuran varios comentarios de apoio por parte dos internautas. Moitísimas grazas.

“Si acaban de destrozar a poucos kms. en Bueu, no Alto da Portela, unha superficie ben inorme para solo industrial, porqué trasladar agora a desfeita un cachiño máis alí (arrimado a cambio d termo municipal?). Non será máis doado continuar a vía -a tal Trampa mortal- millorando moi moito o seu trazado, e arrimala á Portela (Bueu) e a Rande (no tramo xa funcionando)? Non quedaría o porto de Marín moi ben comunicado ca zona industrial do Morrazo xa localizada de feito na Portela? Vaise destrozar máis territorio do Morrazo, a manchas, para que cada concello teña o seu territorio industrial?.

Continuaremos as desfeitas e démoslle os parabéns á de Campolameiro por destrozar uns dos grandes e millor conservados salóns do Léres, ou a desfeita das tarabelas do Seixo en Cerdedo, e a por outras, total: para qué valen os montes? Qué valor poderían ter? Seica despreciable a tódolos níveis”.

(Asina Ecoe)

“Manifesto o meu apoio a plataforma de defensa do monte pornedo(pituco). Lamentar as incongruencia e postura cínica deses comuneiros que sosteñen pancartas na defensa do monte, cando realmente destrózanno e están dispostos a vender este auténtico mirador da ría de Marín-Pontevedra. O grave e que o Bng e o seu diputado cunero de Marín, Bieito Lobeira, comulgue e impulsen este novo atropello paisaxístico, mediambiental e destrozo do rico patrimonio da zona. É unha vergonza, igualiños que o Pp e Psoe”.

(Asina Morcejo)


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: