Publicado por: MontePituco | 03/02/2010

A COHERENCIA: ESE CONCEPTO

Prezados amigos e amigas, hoxe imos reflexionar sobre o significado da palabra COHERENCIA. Recorramos ao diccionario da Real Academia Española para coñecer a súa definición:

Coherencia.

(Del lat. cohaerentĭa).

1. f. Conexión, relación o unión de unas cosas con otras.

2. f. Actitud lógica y consecuente con una posición anterior. (Lo hago por coherencia con mis principios).

3. f. Fís. cohesión (unión entre moléculas).

4. f. Ling. Estado de un sistema lingüístico o de un texto cuando sus componentes aparecen en conjuntos solidarios. (La coherencia del sistema de adverbios de lugar en español se manifiesta en tres grados).

Quedémonos coa segunda acepción: “Actitude lóxica e consecuente cunha posición anterior”. Comprobemos se esta definición se cumpre, á vista da imaxe que encabeza estas liñas, ante a problemática da posible instalación dun polígono industrial no MONTE PITUCO. A fotografía foi tomada o 28 de xuño de 2009 a carón do campo de fútbol de Salcedo con motivo dunha marcha polo monte na que participaron aproximadamente un milleiro de persoas para reivindicar o uso social dese territorio natural e para expresar o seu rexeitamento á franxa de seguridade da Brilat e ás obras “ilegais” no monte, en alusión ás edificacións construidas polos efectivos militares para os seus adestramentos.

Convocaron esa marcha os veciños de Salcedo, encabezados pola comunidade de montes desa parroquia, e secundaron a protesta a comunidade de montes de Lourizán e a comunidade de montes de San Xulián. Atención ao lema da pancarta que, con tanta forza, sostiñan os directivos da súa xunta reitora: San Xulián en defensa dos nosos montes. Queremos democracia, non ás dictaduras. Un aplauso, por favor. Grazas. A carón desa pancarta camiñaron polo monte algúns veciños de Caeiro: velaí D. José Recamán e a súa dona, Lola, a carón de habitantes da Bouza e doutros lugares da parroquia.

24 de xaneiro de 2010. A mesma xunta reitora da comunidade de montes de San Xulián que 7 meses atrás -236 días para ser exactos- se proclamaba defensora do monte, dálle un xiro radical e interesado ao seu discurso para proclamar en público que, antes de que a Brilat leve o monte “pola cara”, textualmente, está disposta a consentir a instalación dun polígono industrial nun espazo que -mal que lle pese- está protexido polas Directrices de Ordenación do Territorio. Entre outros motivos que xustifican a súa conservación.

Xulguen vostedes mesm@s a o grao de COHERENCIA que practica a xunta reitora da comunidade de montes de San Xulián. E opinen. Aquí non comemos a ninguén.


Responses

  1. Debemos exercitarnos permanentemente na coherencia para non admitir distintas varas de medir un mesmo feito.
    José Saramago

    • É pouco probable que lean a Saramago, como tampouco lerán a Sócrates: “A mentira gaña bazas, a verdade gaña o xogo“.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: