Publicado por: MontePituco | 01/01/2019

ANINOVO NA CURXEIRA

A Curxeira, 1 de xaneiro de 2019

Somos parte dunha cadea e de nós depende que non se rompa a súa continuidade. Coidar durante anos -neste recén estreado 2019 xa sumamos UNHA DÉCADA! de activismo social, ambiental e patrimonial- do Monte Pituco, gañarlle as batallas ás poderosas Administracións do Concello e da Xunta que pretendían esnaquizar o ‘balcón da ría’ para construír nel un polígono industrial, significaba moito máis que protexer un anaco de terra; da defensa do Pituco dependía tamén que as augas dos mananciais que agroman nel seguisen regando as veigas do val da Curxeira que producen herba fresca, millo, uvas, verduras…

Mais non calquera auga; non auga contaminada con residuos que poidan entrar na cadea trófica. Tampouco calquera aire, senón aire limpo que manteña a humidade nesa carballeira que loita por sobrevivir fronte á abafante presenza do eucalipto. E nesas condicións ambientais é posible que haxa unha valiosa biodiversidade: liques, brións, fentos, insectos, pequenos mamíferos, aves…

 Temos sorte de contar cun espazo así en San Xián, malia que lle pase desapercibido á maior parte daveciñanza; canto máis aos pro-polígono, incapaces de ver máis aló dunha sustanciosa cifra chea de díxitos a render no banco ou disposta para satisfacer determinados intereses.

Por desgraza, na outra cara da moeda, A Curxeira non se libra de padecer tamén os efectos do abandono do rural, con numerosas parcelas que deixaron de traballarse e moitos dos camiños que antano eran transitados quedaron intransitables, cubertos agora pola vexetación salvaxe.

A Curxeira, 1 de xaneiro de 2019

Como practicamente inaccesibles quedaron tamén varias propiedades nas que actuaron os madeiristas para retirar un rodal de eucaliptos que medraban a carón da estrada. Pisar agora nese terreo é como andar sobre unha tupida malla de pólas e follas machacadas polas rodas dos tractores. A terra está moi por debaixo de toda esa masa irregular e inestable que impide o rexurdir do bosque autóctono que había antes da instalación da especie invasora. 

A Curxeira, 1 de xaneiro de 2019

Como apunta a literatura científica sobre o eucalipto, as súas follas conteñen sustancias alelopáticas que impiden que as sementes agromen, como tampouco poden medrar outras plantas nin recuperarse a fertilidade do solo porque eses compostos químicos forman unha película impermeable sobre o substrato que reduce drasticamente a infiltración de auga e aire. Farían ben os propietarios das parcelas en reclamar aos madeireiros que rematen de facer ben o seu traballo e volvan para recoller os restos da tala, polo ben da produtividade deste territorio que, cunha xestión intelixente, ten moitas posibilidades ambientais e económicas baseadas na plantación de arborado do país.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: