Paga a pena rememorar as II Xornadas pola protección e posta en valor do patrimonio de San Xián, celebradas os días 16 e 17 deste mes de novembro, que remataron cunha andaina pola zona inicialmente afectada polo polígono industrial proxectado que, grazas ás sentenzas do TSXG, se salvará de ser destruída polo asfalto, o cemento e o formigón.
Dende a Asociación Monte Pituco agradecemos a asistencia de todas as persoas que se achegaron ata o ‘balcón da ría’ para celebrarmos esta ‘dobre vitoria xudicial gañada a pulso’; en especial a quen se achegou expresamente dende Vigo, dende Compostela, e tamén dende fóra de Galicia para percorrer este espazo natural dos Montes do Morrazo e agasallarnos con estas fantásticas fotografías.
[Fotos de Fran Currás]
Deixar unha resposta