Publicado por: MontePituco | 23/10/2017

A SERRA MECÁNICA PASOU (E ARRASOU) POLA PISTA DO PORNEDO

A pista forestal do Monte Pituco (Pornedo) presenta un novo aspecto dende hai uns días; un aspecto máis desolado, máis pobre e desprotexido de raíces que apreixen a terra.

Un bo número de piñeiros foron talados ao longo do sendeiro no treito que vai dende a costiña que conduce ao miradoiro do Pornedo ata o cruce de Sete Camiños, no límite coas comunidades de Salcedo e Lourizán. Nesta última parte do camiño tamén foron talados uns cantos eucaliptos.

Ademais de botarse en falta a sombra que proxectaban na beira do camiño nos días solleiros, chama a atención que as pólas miúdas fican ciscadas na beira da pista, formando montóns desordeados.

Piñeiros talados na pista forestal do Monte Pituco

Sorprende tamén que esta tala non lle afectou aos abetos de Douglas ou piñeiros de Oregón que bordean a pista na marxe dereita en sentido ascendente.

Nas proximidades da Fonte das Pulgas a tala é se cabe máis chamativa porque era a zona na que a concentración de arborado era maior.

Nesta parte da pista a ausencia de arborado é máis notoria porque a tala realizouse a ambos lados do sendeiro.

DSC_0521Piñeiros talados na pista forestal do Monte Pituco

Dende a Fonte das Pulgas en diante, a pista presenta un predominio de eucaliptos, dos cales tamén foron derrubados un cantos exemplares xusto ata a encrucillada de Sete Camiños. Aí a tala cesa e os troncos fican apilados uns enriba doutros na beira do camiño, en varios montóns clasificados polo seu grosor.

Eucaliptos talados na pista forestal do Monte Pituco

DSC_0523Eucaliptos talados na pista forestal do Monte Pituco

Eucaliptos talados na pista forestal do Monte Pituco

Cabe facerse algunhas preguntas, á vista de como quedou esta parte do monte. Calquera mente minimamente curiosa pode cuestionarse, para empezar, a época elixida para esta actuación.

E sobre a motivación, a utilidade ou o propósito desta tala selectiva? Quizais os incendios poden ser a resposta, ou a súa prevención, en base a unha posible intención de converter a pista nun cortalumes ampliando a distancia entre as copas das árbores situadas a un e outro lado do sendeiro. Mais, se así fose, por que non se levou a cabo a corta do arborado antes da tempada estival e se agardou a estas alturas de outubro, en plena seca, cos mananciais practicamente secos?

Por outra banda, con que criterio se talan unhas árbores si -os piñeiros comúns- e outros non, no caso dos abetos de Douglas? Por que nuns treitos da pista a tala afecta só a unha marxe, mentres que noutras zonas a serra actuou en ambos lados?

Acaso para que sirvan de abono no propio terreo coa súa descomposición, é esa a razón pola que as pólas máis finas quedan ciscadas na cuneta da pista? Por que non se trituran, se a finalidade é a mesma, e se reduce así o risco de que actúen como potencial combustible?

Por que mentres na parte de San Xulián as pólas sobrantes e sen valor comercial como resultado dunha tala de arborado fican expostas á man de calquera desaprensivo mentres que na comunidade veciña de Salcedo, unha corta de eucalipto pasa completamente desapercibida no que a volume de materia orgánica se refire, sendo esta reducida a pedaciños que cobren o chan formando un manto homoxéneo?

Corta de eucalipto na veciña comunidade de Salcedo, cos restos triturados cubrindo o solo.

A poucos metros da pista forestal do Monte Pituco, no cruce de Sete Camiños, en terreo da Comunidade de Montes de Salcedo

 


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: