Publicado por: MontePituco | 01/10/2017

DÍA DA ARQUITECTURA: OS PENDELLOS DE AGOLADA

DSC_0152-min

Remóntase a súa orixe ao século XVIII e ao longo de máis de 200 anos foron o espazo onde se celebrou unha das feiras máis importantes de Galicia, que atraían a comerciantes e clientela de todas as latitudes. Poucos exemplos coma este quedan aínda en pé no conxunto de Europa como referentes dos antigos mercados populares. Gando ou produtos típicos eran as principais mercadorías nos Pendellos de Agolada, unhas instalacións rústicas de granito, madeira e tella, ben enxebres e pintorescas, que en 1985 foron declaradas Conxunto Histórico-Artístico pola Xunta.

O primeiro luns de outubro celébrase a nivel mundial o Día da Arquitectura. Precisamente, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia fixouse no carácter singular destas construccións para dedicarlles esta efeméride en 2015.

Pendellos de Agolada

Pendellos de Agolada

Pendellos de Agolada

Pendellos de Agolada

Teito do pendello comedor

Había pendellos expositores con mostradores de mampostería onde se expoñían os produtos do campo que se poñían á venda; estaban os pendellos comedor -chegou a haber ata oito- con lareira, mesas e bancos de madeira, onde a xente se reunía para xantar polbo, carne ao caldeiro con patacas, pan e viño; e mesmo tiveron pendellos con función de corte para o gando na planta baixa e que tamén servían de hospedaxe na planta alta para os visitantes procedentes de lugares máis lonxanos.

Pendellos de Agolada

Dende a rúa da Parranda ata a praza da Randulfa, este conxunto etnográfico de gran valor histórico social e cultural ben merece unha demorada visita para imaxinar, inspirados polo silenzo da pedra, como eran antano esas ‘feiras do 12’ de cada mes.

Se antano era un bulir de gandeiros e xentes do agro nun recinto aínda maior do que existe actualmente trala restauración dos seus restos, hoxe en día os Pendellos atraen cada ano a mediados de agosto o público que visita a súa Mostra de Artesanía e a Romaría Medieval que se celebra neste peculiar escenario.

Pendellos de Agolada

Pendellos de Agolada

Na bibliografía consultada relátase que só se conserva pouco máis dun tercio do que chegou a ser este conxunto de pendellos, moitos dos cales desapareceron nos anos 60 do pasado século como consecuencia de desafortunadas actuacións urbanísticas cometidas en nome do mal chamado progreso. A rúa da Parranda foi un dos puntos maltratados, ao igual que boa parte do mercado para construír nese terreo a nova casa do Concello.

A Deputación de Pontevedra, a  Consellería de Cultura da Xunta, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e o Concello de Agolada impulsaron -a través dun convenio de 2008- a recuperación deste espazo onde a maior parte das construccións son de titularidade pública, aínda que algunha segue pertencendo a particulares. Os traballos de restauración permitiron que un dos comedores fose habilitado acorde ás necesidades das persoas con discapacidade.

Entre os anos 2004 e 2013 existiu unha asociación cultural de Amigos dos Pendellos de Agolada que durante case dez anos traballou a prol do recoñecemento a este espazo.

DSC_0151-min

Pendellos de Agolada

Pendellos de Agolada

Recunchos de Agolada

Rúas de Agolada

 

Pendellos de Agolada

Rúas de Agolada

Pendellos de Agolada


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: