Publicado por: MontePituco | 24/06/2017

ESTAMOS NA REDE DO PATRIMONIO CULTURAL

Petroglifo de Pinal de Caeiro (San Xulián)

A Asociación Monte Pituco (Pornedo) é un dos 64 colectivos de toda Galicia e o único de Marín que figura entre os fundadores da Rede do Patrimonio Cultural (RPC) que se acaba de constituír. Esta organización reúne entidades que traballan a prol da defensa e posta en valor do patrimonio cultural galego, tanto material como inmaterial.

Entre os principios que inspiraron a creación da RPC destaca a consideración do patrimonio cultural galego como un dos principais activos sociais, identitarios e económicos de Galicia, entendido como un recurso estratéxico que debe ser conservado e transmitido ás vindeiras xeracións nas mellores condicións.

A RPC contribuirá a darlle visibilidade ás actividades e accións dos colectivos que a conforman. No caso da Asociación Monte Pituco, estas iniciativas pasan pola organización de roteiros para dar a coñecer a riqueza cultural, natural e paisaxística do monte de San Xulián, a parroquia marinense que, malia contar coa maior densidade de xacementos arqueolóxicos, ten boa parte dos seus conxuntos arqueolóxicos en situación de abandono e desprotección, agás os petróglifos de Pornedo, Pinal de Caeiro e Sete Camiños que se integraron no Espazo Natural e Arqueoloóxico dos Sete Camiños.

Recentemente deuse a coñecer a existencia de tres grupos de gravados rupestres inéditos na zona da Carrasca que xa se atopan en proceso de catalogación como Bens de Interese Cultural.

Novos gravados descubertos na Carrasca: forma reticular

Pouco antes da súa descuberta, a Asociación Monte Pituco foi unha das entidades que denunciou unha grave agresión noutro dos seis xacementos existentes nesta zona como consecuencia duns traballos de desbroce encargados pola Comunidade de Montes de San Xulián sen contar coas obrigatorias medidas de sinalización e de control arqueolóxico.

Pero sen dúbida a principal teima da Asociación Monte Pituco relacionada coa conservación non só do patrimonio prehistórico, senón tamén coa protección do medio ambiente e coa defensa deste enclave natural -pertencente ao Espazo Natural dos Montes do Morrazo- ten que ver cos recursos interpostos diante dos tribunais contra o Concello de Marín e contra a Xunta para evitar a construcción dun polígono industrial que afectaría de xeito irreversible a esta zona, en plena fachada litoral da vila. Como resultado deste esforzo, o pasado mes de maio o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ordeou a retirada do parque empresarial Marín-Pornedo do Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia considerando que a viabilidade ambiental da infraestrutura proxectada non está xustificada, tendo en conta a “decisiva influencia” da pendente do terreo, a súa elevada intervisibilidade e a súa afección dende o punto de vista físico, natural e paisaxístico.

Precisamente, a experiencia acumulada pola  Asociación Monte Pituco servirá para axudar outros colectivos agrupados na RPC e dos que tamén se nutrirá a entidade marinense para seguir avanzando na defensa deste territorio. Neste sentido, a Asociación Monte Pituco comparte o propósito da RPC de incidir na educación, tanto nos centros educativos como a nivel social, como vía para acadar maiores avances no respecto e no recoñecemento público ao patrimonio.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: