A través do grupo de Facebook Mogor Rías Baixas tivemos coñecemento dunha serie de postais antigas de Marín tomadas dende a contorna do miradoiro do Pornedo e de Sete Camiños. Tesouros gráficos que dan conta do aprecio que xa daquela había polas fermosas vistas da vila que se divisan dende este privilexiado enclave da nosa xeografía local: o ‘balcón da ría’.
Vista da ría e da illa de Tambo, probablemente tomada dende un lateral do miradoiro do Pornedo (anos 60-70)
Marín dende Sete Camiños
Ediciones Arribas(*), Zaragoza (Ref. 1019)
Ediciones Arribas(*), Zaragoza (Ref. 1015)
Fotografía de Roisin (**) dende o alto do Pornedo
(*) Durante a posguerra, Ediciones Arribas foi a imprenta especializada en tarxetas postais máis prestixiosa do momento. Esta editorial, xunto coa tamén zaragozana García Garrabella e a catalana Zercovich, reproduciron nese formato a maior parte das cidades e das vilas de España. Pola calidade das imaxes e pola elevada tirada destas publicacións, Zaragoza foi a capital desta industria gráfica.
(**) Lucien Roisin Besnard (París 1884-1943) exerceu como fotógrafo en Barcelona, onde se dedicou ao negocio das postais, non só como fotógrafo senón tamén como editor das imaxes tomadas por outros fotógrafos. Tralo seu pasamento, dous sobriños seus continuaron ata 1962 coa tenda, La Casa de la Postal, na Rambla de Santa Mónica.
Deixar unha resposta