Publicado por: MontePituco | 14/07/2016

ANTONIO COSTA: RECONSTRUCCIÓN EN 3D DO PATRIMONIO RUPESTRE

O investigador e divulgador Antonio Costa está desenvolvendo un laborioso traballo de reconstrucción/restitución en 3Dimensións do patrimonio arqueolóxico da nosa contorna. No proxecto, que abrangue gravados situados en Vilaboa, Valga, Cotobade, Meis, Campo Lameiro e Cangas, tamén figuran petroglifos pertencentes ao Concello de Marín. 

As mostras que seguen corresponden a elementos moi diferentes na súa orixe e moi distantes entre si no tempo. O primeiro, un gravado prehistórico da Idade do Bronce, catalogado como grupo nº1 de Champás. O segundo, un gravado moderno realizado polo marinense José Meijón en 1930, nunha laxe do lugar d’A Carrasca.

Continuaremos informando sobre esta interesante e novidosa iniciativa, que máis adiante tamén permitirá apreciar en todo o seu esplendor o conxunto rupestre do Pornedo, no ‘balcón da ría’.

Dende DEFENDE O MONTE PITUCO, grazas a Antonio Costa polo seu intenso, xeneroso e desinteresado labor de promoción e protección dos elementos que configuran a nosa Historia e a nosa Cultura.

Champás nº1

Champás nº1

Gravado moderno de José Meijón na Carrasca

José Meijón, n’A Carrasca


Respostas

  1. […] a semana de mellor maneira que con este AGASALLO -así, en maiúsculas- do amigo Antonio Costa. A reconstitución dixital 3D que está realizando de numerosos petróglifos espallados por Galicia adiante é unha contribución […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: