A ruta, organizada pola Asociación Almuinha e guiada polo historiador marinense Aarón Franco, partirá ás 10:30 horas dende a Igrexa de San Tomé de Piñeiro e rematará no centro de Marín arredor das 13:30 horas tras percorrer unha distancia duns 7 quilómetros.
Ademais da beleza do espazo, a andaina destaca polo interese cultural, arqueolóxico, etnográfico, paisaxístico e natural dos lugares que se visitarán. Entre eles figuran as igrexas románicas de San Tomé de Piñeiro e Santa María do Campo, os muíños do río Loira, o menhir de Currás, as vistas da ría dende o Monte Penizas e o Castro da Subidá.
[Nota para as persoas interesadas que non saiban chegar á igrexa de San Tomé: punto de encontro, ás 10:00 horas na entrada do Porto de Marín, ao carón da Escola Naval]
Deixar unha resposta