Publicado por: MontePituco | 07/11/2014

BYE, BYE, VEIGA!

Diario, 7 de novembro de 2014.

Adeus, Fran Veiga, vaia pola sombra nos seis meses que lle restan na Corporación Municipal de Marín. Que lle aproveiten as asignacións. E ante todo, que despois desta lexislatura lle vaia moi ben na súa vida persoal e profesional.

En Defende o Monte Pituco non o botaremos nada de menos, politicamente falando: seguiremos doentes polos seus malos modos ao pé das escaleiras do Concello cando intentamos pedirlle unha entrevista logo de moitas solicitudes por escrito que non tiveron resposta; como seguirán resoando nos nosos oídos o eco das súas palabras lacónicas nun pleno posterior explicando que non tiña nin a máis remota intención de recibir a ningún representante deste colectivo porque xa nos atendera por teléfono. Hai xestos e desprezos que ningún alcalde se pode permitir e as urnas acabaron poñéndoo no lugar que lle corresponde ante a súa incapacidade para o diálogo, o respecto e a cordialidade por moitas que sexan as discrepancias que xurdan.

Neste artigo da prensa local xa atribuían a probable despedida de Francisco Veiga da primeira liña da política local ao pouco protagonismo que viña tendo na oposición. Un protagonismo no que viña gañando peso outra figura do grupo municipal socialista, tamén de ingrato recordo: o ex-concelleiro de Parques e Xardíns, Manuel Pazos Lamoso. Un cargo de

…Ese edil que intentou facer valer a súa suposta competencia profesional para convencernos de que o Monte Pituco era o lugar “máis chan de todo Marín” para instalar un polígono despois. Unha falacia que chegamos a desmontar a golpe de talonario -sen tarxeta black, nin sobre, senón con sacrificio e honradez- encargando un estudo topográfico da zona afectada que determinou que menos do 10% dos terreos tiñan unha pendente inferior ao máximo recomendado polo Instituto Galego de Vivenda e Solo para a construcción de parques empresariais, e que máis da metade desa superficie tiña máis do dobre do desnivel aconsellable.

…Valente mentireiro! E este vai ser o candidato ás primarias do Psoe de Marín? O candidato socialista á alcaldía? Con que solvencia, con que rigor?

E aínda terá a coraxe de dicir que a Asociación Monte Pituco pretende desacreditalo con estas críticas… Ante a tentación, máis debera pechar a boca e renderse á verdade, á desafortunada carga daquela afirmación súa chea de embuste e mala fe.

Así colleite un fracaso electoral tan rotundo como o do seu predecesor. Por trapalleiro, covarde e indigno peón de Veiga.

Desexámoslle a Fran Veiga unha aterraxe estrepitosa na próxima lexislatura. Na oposición aprendería da humildade e do diálogo dos que carece.

 

 

 

 

 


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: