Salcedo aprueba su primer plan de inversiones para el monte comunal con el canon abonado por Defensa
Recuperan 173 hectáreas de terreno forestal y destinan 76.500 euros a restaurar 20 hectáreas de los montes de San Martiño
F.M. | Pontevedra, 21.09.2014
…Se destinan además 6.000 euros al proyecto del Espacio Natural y Arqueológico de Sete Camiños, en el que también participa la Comunidad de Lourizán…En una asamblea que ayer reunió a 120 comuneros, se aprobó la recuperación de un total de 173 hectáreas de monte comunal usurpado o perdido por abandono, además de algunas actuaciones en convenio con el Concello de Pontevedra, como el centro social de la parroquia, el parque infantil, la excavación del Castro das Croas y el proyecto “Salcedo no Tempo” para divulgar la historia de la parroquia.
Los vecinos dieron el visto bueno a la memoria técnica de deslinde de todas las parcelas comunales, en cumplimiento de la nueva ley, así como a la elaboración de un documental sobre la recuperación, restauración y mantenimiento del patrimonio forestal, arqueológico, etnográfico y cultural de la parroquia, que se denominará “Salcedo con bo rumbo”, y que pretende hacer un seguimiento de todas las actuaciones que se han emprendido en la recuperación del patrimonio parroquial.
Ao longo desta semana as comunidades de montes de Salcedo e de Lourizán van definir sobre o terreo a localización dos postes sinalizadores que se instalarán en cadanseus montes para marcar os elementos de interese que conforman o proxecto do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. Un proxecto que -na parte de Salcedo e Lourizán- vai deixar de ser unha idea, unha proposta, ou mesmo un soño, para converterse nunha REALIDADE. Noraboa pois aos comuneiros de Salcedo e de Lourizán por esta aposta decidida a prol da conservación do patrimonio, da súa divulgación e posta en valor, para orgullo de ámbalas parroquias e para disfrute de toda a cidadanía.
Pero o proxecto do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños ten unha terceira pata: os bens situados no ámbito territorial da Comunidade de Montes de San Xulián de Marín.
En datas próximas, os directivos das Comunidades de Montes de Salcedo e de Lourizán van contactar cos comuneiros de San Xulián para invitalos a ser partícipes do proxecto de sinalización dos petroglifos, mámoas e puntos de interese etnográfico (antigas canteiras, pías, pedras singulares) que forman parte deste Espazo. O que resposte a directiva de San Xulián é unha incógnita. Ou non, tendo en conta que con anterioridade en San Xulián nunca deron mostras de estar a favor da creación desta área natural e arqueolóxoca.
A Comunidade de Montes de San Xulián está ante unha oportunidade histórica. Ten ao seu alcance a posibilidade de demostrar o que algún dos seus responsables ten proclamado recentemente: “sorprender”.
Ogallá esa “sorpresa” non quede nun amargo amago. Que non se conformen con entender por “sorpresa” o mero feito de asinar un papel de constitución dunha Fundación con outras tres comunidades de montes comprometéndose a velar pola conservación da lagoa de Castiñeiras. Porque iso non é unha sorpresa; era a crónica dunha rúbrica anunciada en resposta á presión dun amplo sector da sociedade, preocupado polo deterioro galopante dun espazo natural que antano foi o parque de lecer de toda a bisbarra.
A auténtica sorpresa, a que merecería o recoñecemento e o aplauso desta Asociación, sería que a Comunidade de Montes de San Xulián decida subir ao tren das súas homólogas de Salcedo e Lourizán para non ser os únicos en quedar á marxe dunha iniciativa beneficiosa, socialmente ben considerada, positiva dende o punto de vista cultural, turístico e mesmo económico.
Sería inxustificable que, dunha banda, se asinaran alianzas coas comunidades de montes de San Tomé, Vilaboa e Santa Cristina de Cobres para recuperar o contorno de Castiñeiras; e por outro lado desprezaran a proposta das comunidades de Lourizán e Salcedo de recuperar o patrimonio da zona. Por que unhas si e outras non?
Se o argumento fose que supostamente lle corresponde á Xunta velar pola conservación e protección do patrimonio arqueolóxico, acaso non ten a mesma obriga o Goberno autonómico de ocuparse na mesma medida do mantemento da lagoa de Castiñeiras, habendo un convenio de cesión polo medio entre o Goberno galego e as comunidades de San Xulián, San Tomé, Santa Cristina de Cobres e Vilaboa? Por tanto, ese argumento non vale.
Está ademais o compromiso adquirido pola alcaldesa de Marín de mediar coa Comunidade de Montes de San Xulián para que esta destine unha parte -irrisoria, tendo en conta os 33.000 euros que ingresarán anualmente grazas ao canon da Brilat- dos seus recursos á mellora do patrimonio arqueolóxico que, como recoñeceu a propia María Ramallo, “haino que conservar”, independentemente de que o Monte Pituco fose clasificado como solo industrial no PXOM. Con ou sen polígono, os gravados rupestres e as mámoas están protexidos e blindados pola Lei de Patrimonio de Galicia. Sobrevivirannos a todos, aos pro-polígono e aos pro-monte, aos anti-monte e aos anti-polígono.
Se a Comunidade de Montes de San Xulián rexeita a oferta dos comuneiros de Salcedo e Lourizán estará consumando unha vinganza contra quen defende o proxecto dos Sete Camiños como alternativa máis viable e recomentable á desfeita irreparable que se perpetraría coa construcción dun polígono neste Espazo Natural dos Montes do Morrazo. Estaría dándolle as costas á veciñanza, cada vez máis numerosa e máis concienciada -moito queda aínda por facer neste eido!- sobre o carácter puxante desta riqueza patrimonial: unhas 80 persoas demostrárono o pasado mes de agosto nunha andaina polo ámbito xeográfico do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños.
Unha desas persoas é veciña da parroquia de San Xulián, do lugar dos Bravos, e ronda tal vez os 80 anos. Despedíase nestes termos ao remate daquel roteiro: “Marcho contenta coma unha meniña, que ilusión me fixo coñecer todo isto. De Marín d’Arriba de toda a vida e indo ao monte desde rapaza, e non sabía todo o que aquí hai…”
Unha vez máis, coñecer para protexer.





Deixar un comentario