…E que da Meteogalicia para o domingo?
“Galicia estará durante este día baixo a influencia das altas presións. Con esta situación, agárdanse ceos con nubes altas, que non impedirán o paso do sol e que serán máis abundantes pola mañá. Bancos de néboa matinais en comarcas do interior. As temperaturas estarán sen cambios, con lixeiros descensos puntuais das mínimas e con lixeiros ascensos das máximas no terzo norte. Os ventos soprarán frouxos, do nordés ás primeiras horas, rolando progresivamente a noroeste pola tarde e a sudoeste ó final do día”.
Deixar unha resposta