Publicado por: MontePituco | 28/07/2014

…FALANDO DE DESBROCES

Curva da Pena.

Se as cunetas na zona da Bouza están cubertas de fentos e de silvas que dificultan o tránsito dos peóns, tal e como se aprecia nas imaxes do artigo anterior, o aspecto que presenta a curva da Pena non é moi diferente: a vexetación non só tapa a sinalización horizontal da estrada, senon que cubre por completo o quitamedos.

Por este treito é imposible camiñar en condicións de seguridade, co agravante de que nesta estrada son moitos os conductores que circulan a unha velocidade inadecuada.

Urxe, pois, que a Deputación de Pontevedra -titular deste vial- ou o Concello de Marín, cos medios que lle proporcione o organismo provincial, desbrocen as marxes da estrada para que os veciños e os transeúntes deixen de xogarse o tipo cada vez que pasan por aquí a pé.

Curva da Pena.

Moi distinto é o aspecto que presenta o recheo construído na mesma curva da Pena, a carón da Variante de Marín.

O terraplén a carón da “escalinata” pola que baixan as augas pluviais do monte foi PARCIALMENTE desbrozado nas últimas semanas. Os operarios tiveron a pericia de talar unhas acacias que estaban medrando, evitando así a propagación desta especie invasora.

Curva da Pena.

Por desgraza, o panorama é moi distinto do outro lado da Variante, a parte que non se ve dende a estrada xeral nin dende a lonxanía.

A Comunidade de Montes, que destinou unha cantidade -seguro que nada desdeñable- de cartos a desbrozar tamén PARCIALMENTE o terreo situado nas proximidades da Variante, deixou en pé as acacias que medran nesta vaguada.

E malia que a desbrozadora cortou a rente as plantas da herba da Pampa, estas xa están volvendo a medrar, demostrando así, unha vez máis, que ese método é absolutamente ineficaz para erradicar esta especie invasora.

Recheo da Variante. Zona afectada polo proxecto do polígono.

A herba da Pampa volve agromar aos poucos días de que fose cortada.

Algúns veciños da zona criticaron nestes días que as desbrozadoras non remataron a tarefa de limpeza  ata o mesmo linde coa Variante. De feito, apréciase que unha parte da vaguada segue cuberta de vexetación.

Na zona que quedou sen desbrozar conflúen as augas procedentes do monte e que, cruzando ao outro lado da Variante, continúan o seu descenso polas fincas de regadío da Curxeira. Os veciños demandan que se despexe tamén esta parte.

Posiblemente en próximas datas lle trasladen a petición á Comunidade de Montes de San Xulián e pidan explicacións de por que non se completaron os labores de desbroce.

101_9652


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: