Publicado por: MontePituco | 14/07/2014

SÁBADO 19, SEGUNDA PARTE DO 25º ANIVERSARIO DE AIRIÑOS

Banda de Gaitas Airiños de San Xulián

Este fin de semana celebrouse na Alameda Rosalía de Castro de Marín, e no marco das Festas do Carme, a primeira parte do festival 25º aniversario da Asociación Cultural Airiños de San Xulián. Ademais da Banda de Gaitas de Airiños, cos actuais compoñentes, tamén se sumaron a esta celebración ex-membros da agrupación, que volveron tocar todos xuntos nun concerto único.

Canda eles, colaboraron o trío de gaita, clarinete e percusión Gaifonía e a gaiteira de fama internacional Susana Seivane. O Obradoiro Seivane, que dende 1997 fornece a Airiños de todas as gaitas que utilizan, recibiu un dos agasallos de agradecemento que entregou a Asociación.

No marco deste encontro, os Seivane expuxeron ao público unha mostra de pezas elaboradas artesanalmente; auténticas obras de arte que caracterizan unha traxectoria de máis de 70 anos pola que a familia Seivane vén de ser distinguida cun novo galardón: a Medalla Castelao, que lle foi entregada recentemente.

Airiños tamén expuxo unha selección dos numerosos trofeos que recibiron nestes 25 anos de música e folclore; entre eles, dúas ligas de bandas de gaitas, un campionato nacional e varios premios do concurso Avelino Cachafeiro de Soutelo de Montes.

Os actos conmemorativos rematarán este vindeiro sábado 19, ás 22:00 horas, no palco da Alameda Rosalía de Castro, coa actuación do Grupo de Baile de Airiños, acompañado das pandereteiras de Fentos e Frouma.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: