Publicado por: MontePituco | 19/04/2014

PRE-DÍA DO LIBRO (I): O BICHERO, DE LUIS DAVILA

"O bichero IV", de Luis Davila (2014).

Luis Davila, “O bichero IV: Menudo día!” (2014)

O debuxante de Bueu Luis Davila vén de publicar o cuarto volume recompilatorio das súas enxeñosas viñetas, que publica no Faro de Vigo. A política de recortes, a xestión educativa e sanitaria, os abusos bancarios, o drama do desemprego, as peripecias dos traballadores, a vergoña da corrupción, os paradoxos da xustiza, as eleccións… son algúns aspectos da actualidade que Luis Davila nos propón ver cun sorriso, cun enfoque humorístico-reivindicativo e cunha invitación a rirnos de nós mesmos. Nin os deportes se libran da súa óptica retranqueira.

“O bichero ” é tamén un enorme espello no que se reflicte a paisaxe e a paisanaxe galega, a nosa peculiar idiosincrasia, cun protagonismo especial para a xente das vilas e das aldeas, o motor do sufrido sector primario. No mundo do mar e mais no agro atopa unha inesgotable fonte de inspiración, expoñendo labregos mariñeiros a situacións moi diversas: a moda, a publicidade, a tecnoloxía, o feísmo, o furtivismo… solidarizándose a través dos seus personaxes coa loita contra os incendios forestais ou a megaminería e homenaxeando os maiores con historietas protagonizadas por vellos e vellas entrañables e sorprendentes.

"O bichero IV", de Luis Davila (2014).

Cos “gags” de Luis Davila ocorre que por moi disparatados que sexan os chistes, por moito que se acentúen os tópicos, os lectores dalgún xeito plantexámonos que esa ficción extrema podería mesmo acontecer na realidade.

…Como nesa viñeta na que un axente da Garda Civil multa a un conductor por ir comendo un cocido mentres guiaba o volante, cando son recentes e están de plena actualidade as imaxes captadas polo helicóptero de Tráfico dun conductor lendo un libro ao tempo que circula pola estrada. A raíz desta revelación e doutras cafradas non menos atroces, o xefe da patrulla aérea da Benemérita declararía “Nunca vin cousa igual”.

Porque non coñece aínda “O bichero” e a capacidade de Luis Davila para converterse nun “visionario” a través da arte da parodia!


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: