Publicado por: MontePituco | 16/04/2014

4 DE MAIO, II SAÍDA POLO MONTE DE SALCEDO

Diario de Pontevedra, 16 de abril de 2014.

La marcha comenzará a las 9:30 horas en el Monte das Croas y se prolongará durante toda la mañana “para dar a coñecer todos os traballos que levamos feitos para a posta en valor do monte, como plantacións, repoboación e acondicionamento de pistas e do antigo campo de manobras da Brilat, no que efectuamos unha plantación que abarcará unha superdicie de sete hectáreas“, explica el presidente del colectivo parroquial, Fernando Pintos.

Los participantes en el “roteiro” comprobarán el remozado aspecto de los “muíños do Batán” tras los trabajos de restauración que acomete la Comunidad de Montes. Este conjunto etnográfico está muy cerca del Castro das Croas, que el Concello de Pontevedra tiene previsto recuperar.

“Non ten sentido desenvolver traballos no monte e no patrimonio cultural e etnográfico da parroquia se os veciños non o coñecen e o cuidan”, destaca Pintos.

Varios expertos participarán en la marcha por el monte que tendrá lugar el 4 de mayo, que informarán a los participantes sobre los aspectos de interés botánico y arqueológico. (…) “O noso obxectivo é sensibilizar a xente de que hai que coidar a natureza, pero para facelo primeiro hai que coñecela e ter en conta o esforzo que estamos a facer os comuneiros para que todo o mundo poida gozar dela”.

El “roteiro” que organiza la Comunidade de Montes de Salcedo está dirigido especialmente a los jóvenes de esta parroquia porque, según Fernando Pintos, “eles van ser os gardiáns” del monte. Con esta actividad la junta directiva, que comenzó su segundo mandato el 1 de junio de 2013, mostrará a los participantes en la marcha los trabajos que está desarrollando para la puesta en valor y recuperación de una superficie de 70 hectáreas que liberará de la actividad militar de la Brilat, que se encontraban “descuidados desde hai 50 anos”, plagadas de mimosas y eucaliptos, para convertirlas en “lugares de lecer e esparcemento dos que poderán gozar os veciños de Pontevedra”, porque son enclaves situados a cuatro kilómetros del centro urbano.

Pintos asegura que los comuneros invertirán en la recuperación del monte y en su puesta en valor la totalidad de la recaudación que obtengan por el alquiler de los terrenos al Ministerio de Defensa.

…QUE ENVEXA DA COMUNIDADE DE MONTES DE SALCEDO!

Parece mentira que disten só un puñado de quilómetros entre dúas comunidades de montes veciñas e lindantes, con modelos de xestión tan antagónicos, con filosofías tan opostas, con criterios de participación social tan afastados entre si.

En Salcedo valoran e coidan o patrimonio arqueolóxico e etnográfico: sinalizan os gravados rupestres e as mámoas, subscriben convenios de colaboración coa Administración local para a posta en valor deses recursos, contribúen á difusión desa riqueza entre a veciñanza da parroquia e a cidadanía dos arredores para dar a coñecer ese traballo de recuperación tan importante a nivel cultural e identitario.

En San Xulián o monte está “para dar cartos” e todo o relacionado coa protección do patrimonio histórico rexéitase e trasládaselle a responsabilidade á Xunta, malia que a Lei de Patrimonio Cultural obriga os propietarios dos terreos a adoptar medidas encamiñadas á conservación deses bens. Por tanto, nin se sinalizan, nin se balizan, nin se fan xestións coas autoridades autonómicas para obter os permisos necesarios para limpeza e conservación, nin moito menos se promove ningún contacto a nivel municipal para artellar algunha estratexia de actuación conxunta. E todas as solicitudes presentadas por DEFENDE O MONTE PITUCO propoñendo a posta en valor do patrimonio rupestre nesta parte da parroquia -incluíndo a presentación de varios orzamentos e xestións con empresas do sector- foron rexeitadas polo mero feito de discrepar radicalmente dos plans da directiva da Comunidade de Montes sobre o futuro destes terreos: o proxecto de instalación dun polígono industrial que lle afecta a estes xacementos ocupando en gran medida a súa área de protección.

En Salcedo organízanse periodicamente andainas e actividades divulgativas para presentar o resultado dos traballos de restauración do monte e de recuperación dos seus bens -muíños, pistas, traídas de augas, patrimonio arqueolóxico-.

En San Xulián nin a anterior directiva nin a actual teñen organizado ningunha iniciativa de coñecemento sobre o terreo do que hai no monte. A única plataforma de información a pé de campo é o blogue DEFENDE O MONTE PITUCO, que dende 2010 vén dando a coñecer a flora, a fauna e o patrimonio cultural do monte, así como alertando das deficiencias que presenta para que a Comunidade de Montes ou o Concello poidan resolver eses problemas: deterioro da pista forestal, verquidos incontrolados de lixo e refugallos, presenza de cabalos con pexas, prácticas ilegais de motorismo, agresións aos Bens de Interese Cultural e ao medio ambiente…

Tanto ten se as comparacións son odiosas; esa expresión só pode ser propia de xente conformista e cómoda. Sen dúbida, a Comunidade de Montes de Salcedo é un espello no que a de San Xulián debera mirarse. Os que pensen que nos “exiliemos” onda ela pinchan en óso. Nada mellor que loitar na propia terra para que un día, ogallá non moi lonxano, viren as tornas que actualmente nos teñen anclados nunha mentalidade caduca e chegue a dirixir esta entidade un colectivo de persoas solidarias e con sentido da responsabilidade, con honradez e independencia, con sensibilidade pola natureza e pola cultura, con criterios de traballos baseados na explotación sostible dos recursos forestais, capaces de situar a Comunidade de Montes de San Xulián no mapa da vangarda e do futuro, como o exemplo que está a dar a de Salcedo. SI, PODEMOS!

Ver o artigo titulado “RUTA POLO MONTE DE SALCEDO“, do 22 de abril de 2013, sobre a primeira andaina organizada pola Comunidade de Montes desa parroquia.


Responses

  1. […] -II saída polo monte de Salcedo […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: