Cristais rotos nun verquido de restos de obra ciscados nunha fochanca, no cruce dos Sete Camiños!
Proliferan os restos de lixo diseminados por distintos espazos do monte: latas de bebida, botellas de plástico, envoltorios… Quen realiza faenas agrícolas, sae facer sendeirismo ou practicar deporte, non debería deixar ningún rastro máis que o das súas propias pegadas.
Xa se denunciou recentemente nun artigo titulado ROUBO DE MADEIRA NO MONTE PITUCO. Por esta acción xa foron identificados e sancionados varios veciños, algún da propia parroquia de San Xulián. Lamentablemente, segue acontecendo e a Comunidade de Montes debería adoptar algunha medida para evitar que se prolongue o expolio: máis vixiancia para empezar, e unha campaña de concienciación. A educación é fundamental para erradicar estas prácticas. A crise non é excusa.
Descubrimos con desgusto e preocupación que algún/s desaprensivos/s ergueron a lousa que tapaba un pozo cheo de auga na pista forestal do Monte Pituco, preto dos Sete Camiños. Trátase dunha grave irresponsabilidade, polo risco que supón para calquera persoa ou animal que poida caer no interior desta perigosa trampa.
A praga da invasiva herba da Pampa, a vexetación que medra de xeito descontrolado. Son algunhas eivas que arrastra o recheo realizado a carón da Variante. Moitos cartos ten gastado a Comunidade de Montes en desbrozar unha parte desta zona. Un investimento en balde, tendo en conta que a planta da cortadeira só se pode erradicar arrincándoa de raíz, para o que se precisan medios mecánicos de certo calibre.
Deixar unha resposta