Publicado por: MontePituco | 06/03/2014

TEMAS PENDENTES CO CONCELLO

DSC_0340

DEFENDE O MONTE PITUCO vén de solicitar esta semana unha entrevista coa alcaldesa María Ramallo en base aos seguintes plantexamentos:

* O Concello de Marín posúe un importante patrimonio arqueolóxico que, malia estar catalogado no Planeamento urbanístico, está incorrectamente situado e documentado.

[Ver artigo titulado UN INFORME QUE DARÁ MOITO QUE FALAR, de abril de 2013]

[Ver artigo titulado EL PAÍS DENUNCIA O QUE XA ADVERTIU ESTE BLOGUE SOBRE O PATRIMONIO RUPESTRE, de febreiro de 2014]

Por este motivo, os elementos que cómpre protexer polo seu gran valor están en situación de desamparo. No caso dos xacementos localizados no Monte Pituco, están afectados pola clasificación da zona como área empresarial (Pornedo I, Pornedo II, Sete Camiños) e polo trazado das futuras obras da nova rede de abastecemento de auga (Pinal de Caeiro).

Mapa de xacementos catalogados na zona afectada polo polígono (páxina 72, Informe Sostibilidade Ambiental do PXOM anexo I)

Petroglifo catalogado de Pinal de Caeiro. (Foto, Juan Carlos Epifanio).

* Pola existencia de determinadas condicións ambientais, o Monte Pituco é un lugar de cría e reprodución dunha especie faunística catalogada como vulnerable, a Chioglossa lusitanica, pola que se interesaron expertos a nivel local, provincial e mesmo internacional a través da organización Save the Salamanders, que rexeitan a posibilidade de que o Pituco acolla un polígono industrial ou área loxística que acabaría con esta colonia, que en todo o mundo unicamente habita en Galicia e mais no norte de Portugal.

[Ver o artigo CAMPAÑA DE SAVE THE SALAMANDERS A PROL DA SARAMAGANTA DO PITUCO]

Plano do polígono superposto co Espazo Natural Protexido dos Montes do Morrazo.

"Chioglossa lusitanica" ou saramaganta.

* En próximas datas está previsto que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas dea a coñecer o Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Industriais de Galicia, que contemplaba dous proxectos: Marín-Moaña e Marín-Pontevedra, este último recurrido por Defende o Monte Pituco e polo propio Concello de Pontevedra, que ten catalogada a parte que lle afecta como “de interese arqueolóxico”. O devandito Plan afecta directamente a xacementos arqueolóxicos catalogados no ámbito marinense, ademais de situarse nunha zona cunha complexa orografía, de pendentes pronunciadas, ao igual que a área industrial contemplada no PXOM.

[Ver artigo titulado A VERSIÓN DO POLÍGONO DESEÑADO POLA XUNTA, de febreiro de 2012]

[Ver artigo titulado O POLÍGONO DESEÑADO POLA XUNTA, de febreiro de 2012]

O proxecto da plataforma loxística Marín-Pontevedra reflectido no Plan Sectorial de Ordenación de Zonas Empresariais.

Con estes argumentos, DEFENDE O MONTE PITUCO agarda que María Ramallo reciba a representantes e colaboradores deste colectivo nun encontro do que tamén poderían ser partícipes os edís de Cultura, Medio Ambiente, Medio Rural e Urbanismo, para revisar estas cuestións:

* A necesidade de tomar medidas para a correcta localización e documentación dos xacementos situados no Monte Pituco, como paso previo para deseñar e aplicar medidas para a posta en valor destes elementos, condicións imprescindible para que se conserven, tal e como establece a Lei de Patrimonio.

* Os estudos e probas gráficas da existencia de Chioglossa lusitanica no Monte Pituco, para que o Concello de Marín adopte as medidas que procedan para garantir a protección desta especie vulnerable e a conservación do seu habitat; e para que lle traslade estas evidencias aos Servizos de Conservación da Natureza a nivel provincial e autonómico.

* Reiterar o plantexamento de Defende o Monte Pituco sobre a improcedencia de situar unha área loxística e/ou polígono nesta zona, incluida nos Montes do Morrazo, catalogado como solo rústico de especial protección de espazos naturais polas Normas Subsidiarias e Complementarias de Planeamento provinciais, onde non están autorizados os usos industriais.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: