
A edición local de La Voz de Galicia faise eco da nova solicitude presentada por DEFENDE O MONTE PITUCO ante a Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta e a xefatura provincial deste mesmo servizo para que se recoñeza o evidente: a existencia de Chioglossa lusitanica no Monte Pituco, unha especie catalogada como “vulnerable” no Catálogo de Especies Ameazadas. Que máis probas necesitan? máis fotos? máis informes de expertos? …E que tal se poñen un bo par de ollos na cara?




Deixar un comentario