Publicado por: MontePituco | 18/02/2014

EL PAÍS DENUNCIA O QUE XA ADVERTIU ESTE BLOGUE SOBRE O PATRIMONIO RUPESTRE

el país

Marín permite construir junto a uno de los petroglifos más valiosos de Galicia

El plan de urbanismo deja sin protección dos castros y omite restos arqueológicos

Petroglifo catalogado de Pinal de Caeiro. (Foto, Juan Carlos Epifanio).

Gravado rupestre de Pinal de Caeiro, que o PXOM sitúa erroneamente no medio da Variante de Marín

Alberto Leyenda Santiago 18 FEB 2014

Ni los 19 años de elaboración han sido suficientes para que el Plan General de Ordenación Municipal (PGOM) de Marín recogiese con corrección y rigor una parte importante de su vasto patrimonio arqueológico. En el documento, en vigor desde mediados de 2012 con el obligado visto bueno de la Xunta, han quedado plasmados y oficializados errores de grueso calibre a la hora de catalogar mámoas, petroglifos y castros. El plan, además, considera suelo urbano consolidado la zona donde se asienta uno de los petroglifos más valiosos y visitados de Galicia, el laberinto de Mogor, lo que permitiría construcciones menores que no sean viviendas e incluso excavar un aparcamiento en el subsuelo. También quedan sin protección dos castros.

La memoria del catálogo de bienes que hay proteger por el plan anuncia una “exhaustiva labor de campo”, que, sin embargo, no acabó por trasladarse a la documentación oficial. Así, basándose en un inventario previo de 1994, se da por “desaparecido” el dolmen de Pedralonga, que solo un año antes había sido declarado Bien de Interés Cultural por el Gobierno gallego que visa con su firma el PGOM. La tumba megalítica, la única del municipio con arte rupestre, es perfectamente visible desde una de las carreteras que bordea el lago de Castiñeiras, con otros ejemplos de estas construcciones funerarias del Neolítico. No obstante, en las fotos que acompañan la ficha no se aprecia más que monte bajo y algunas piedras. Algo similar ocurre con las imágenes que deberían dar testimonio gráfico de la necrópolis de Outeiro de Ombra.

La Lei de Ordenación Urbanística Galicia obliga a catalogar e identificar este tipo de bienes de valor histórico, así como a realizar una prospección arqueológica previa. Pero el propio equipo redactor del plan urbanístico, ante una alegación en este sentido admitía implícitamente, en 2010, que ningún arqueólogo había participado en la elaboración del catálogo, aduciendo que el pliego de condiciones que regía el contrato no establecía tal exigencia.

Los fallos se extienden también a la localización de algunos restos arqueológicos. Una necrópolis megalítica, la de Chan da Armada, aparece situada en el plano en el medio de una carretera, al igual que el petroglifo de Pinal de Caeiro. Incluso el celebérrimo laberinto de Mogor, probablemente el grabado rupestre más señero de Galicia, se localiza a más de 20 metros de su ubicación real.

Estos errores, y otros relativos a diversos elementos del patrimonio cultural llevaron en su día a la Dirección Xeral de Patrimonio de la Xunta a emitir dos informes negativos, en 2008 y en 2011. La entrada, ese último año, de un gobierno municipal del PP en sustitución del bipartito de BNG y PSdeG agilizó los trámites para la aprobación del PGOM. Y en febrero de 2012 Patrimonio varió su evaluación de desfavorable a favorable, “condicionado a las correcciones” que se detallaban en un documento de siete páginas.

En cuanto a los yacimientos arqueológicos, los técnicos de la Xunta constataban que seguían “existiendo ámbitos de protección integral de yacimientos que no se clasifican como suelo rústico de especial protección de patrimonio”. Y ordenaba que esa carencia “deberá enmendarse”. Esta condición no se cumplió en la aprobación definitiva del plan. Sin ir más lejos, los petroglifos de Mogor aparecen en suelo urbano consolidado. Al estar en zona libre de uso y dominio público no se pueden construir viviendas, pero sí edificaciones complementarias como bares, aseos, oficinas de información, quioscos de música y escenarios para actuaciones. En el subsuelo se permiten conducciones e incluso aparcamientos para vehículos en régimen de concesión.

No son los únicos restos arqueológicos que no gozan de esta figura de protección, la indicada por la Lei de Ordenación Urbanística e impuesta por la Dirección Xeral de Patrimonio. Varios de los casos citados en esta información están en esta misma tesitura. Pero hay otros dos ejemplos especialmente llamativos: los castros da Subidá y el de Pedreiras. En ambos solo se catalogó como de especial protección del patrimonio su croa, la parte más elevada, en lugar de todo el recinto del poblado. En el primer caso se clasifica como de especial protección forestal incluso una ladera en la que en 2011 se realizó una intervención arqueológica que dejó al descubierto, y visitables, varias de las cabañas. Según esta planificación, dentro de ellas se podría plantar arbolado.


Responses

  1. Desexovos felicitar por dar a adecuada publicidade a esta importante noticia, e por pór como ilustración o petroglifo do Caeiro,e non recurrir o famoso petroglifo de Pornedo dibuxado con xiz por uns arqueólogos, e feito erróneamente mal interpretado e inxustificada e precipitadamente denunciado por vos, e exaxeradamente difundido nas redes sociais. Se ese novo proceder vais ser o que ides continuar no futuro, contade conmigo, sen problema ningún, porque os arqueólogos de Arte Rupestre non somos delincuentes, e no desenrolo do noso traballo de campo e na investigación sabemos moi ben o que facemos. Se o precisades podedes pórvos en contacto conmigo a través do e-mail.

    • Agradézolle a visita e o ton conciliador desta segunda mensaxe, mais permítame que faga unhas cantas precisións.
      Nesta “importante noticia”, tal e como vostede a califica, con razón, saiba que temos unha pequenísima cuota de actuación. E dígolle isto porque dun tempo a esta parte somos partícipes no feito de trasladarlle ao Concello as anomalías que presenta o PXOM marinense en relación a unha parde do patrimonio arqueolóxico. Isto pode comprobalo a pouco que lea algún dos últimos artigos deste blog. Ese arduo traballo que requeriu calcular o desfase entre a ubicación “oficial” dos elementos catalogados e a localización real, leva o nome e os apelidos dun arqueólogo marinense ao que nunca lle estaremos suficientemente agradecidos por preocuparse da conservación dos petroglifos do Monte Pituco.
      Polas súas palabras, entendemos que ten vostede un enfoque erróneo sobre o propósito deste blog e do colectivo veciñal que o xestiona. Unha “empanada mental” que o mesmo se debe a algunha clase de malentendido que non temos inconvinte en tratar de arranxar, ou a algunha referencia intoxicada e malintencionada por parte de terceiros.
      Insinúa que podiamos ternos feito eco da noticia publicada en El País ilustrándoa coa foto dun petroglifo -envolto para máis “inri” nunha circunstancia un tanto polémica- que non corresponde co mencionado no artigo. Iso chámase “manipulación”, e aquí non se practica semellante cousa. Se acaso de lonxe sospeitaba que podía ser así, unha de dúas: ou está mal informado ou non nos coñece abondo.
      Non hai “novo proceder” pola nosa parte. O proceder é o de sempre dende que hai catro anos nos puxemos as pilas para defender este monte e todo canto contén: patrimonio arqueolóxico, fauna, flora, paisaxe… E por se non se ten decatado, o máis chamativo desta liorta un tanto absurda a estas alturas é que aparentemente estamos no mesmo barco.
      Diferimos notablemente na valoración dunha acción que a vostede lle parece correcta e que a nós -non a nós, senon aos expertos que nos axudan- nos parece pouco afortunada, non tanto polo fondo senón máis ben pola forma. E sobre a difusión nas redes sociais, mire, non se lle deu máis énfase que noutras “denuncias”, senón que foi a reacción espontánea e en cadea do colectivo, que se posicionou en contra desa acción que vostede defende. Informouse da situación, argumentouse a medida adoptada e a partir de aí a xente opinou e creu oportuno apoiarnos.
      …O resto é seguir enguedellando a madeixa.

  2. Sen pretender entrar en polémicas innecesarias, pero dadas as alusións persoais das que se me fan referencia no 2º comentario desta entrada debo puntualizar os seguintes datos.
    Que a entrada do blog me pareceu importante porque se denunciaba a irregular ubicación de xacementos arqueolóxicos, o que pode ser moi problemático desde un ponto de vista legal para a sua conservación, pero ademáis pon de relevo a escasa profisionalidade do arqueólogo que os situou, circunstancia que se repite constantemente en moitos concellos, e é a consecuencia de entender a arqueoloxía como un negocio máis.
    Por suposto que non vos coñezo; son de Vigo, non de Marín, e nin coñezo a ninguén nin teño intereses nesa área, a non ser os petroglifos. Pero realmente non se sabe quen sodes; nese blog non hai nomes; ninguén se resposabiliza das entradas nin das respostas dos correos, nin da selección da información. Nin siquera poñedes os nomes dos autores dos poemas que a veces publicades. Non vos visualizades nin identificades, pero en moitas entradas figuran ataques directos a dirixentes veciñais e outras persoas, por xestións locais que descoñezo en profundidade, pero que vos dades por de todos sabidas, e que subides á Rede dándolle unha publicidade innecesaria e desmedida, do que realmente é tan so unha política extremademante localizada, como acaece un pouco por todas partes. Pero nas que se aprecia perfectamente, unha manifesta tentativa de rebaixar a dignidade das persoas, mesmo calificándoas despectivamentes, e desprezando o seu valor humano por razóns políticas, ou infravalorando a sua capacidade intelectual. O emprego do termo “empanada mental” (e outros semellantes, e tamén sarcasmos), é xa de por sí una inadmisible cualificación intelectual do interlocutor, que ademáis pon en relevo a ausencia de argumentos do emisor, e a indisimulada intencionalidade de tratalo como un enemigo a batir. Pretendedes investirvos con ropaxes democráticos pero caístedes na trampa da intolerancia: non admitides a discrepancia porque asumides a posesiónde verdade e tomades como enemigos os que non comparten as vosas opinións.
    En efeito, imos no mesmo barco, probablemente tanto en mentalidade como en ideoloxía, pero me diferencia de vos, permítase decir, a virtude, de comprender os actos humanos nas suas verdadeiras dimensións, e de opinar somente sobre aquilo que coñezo en profundidade. Nunca usarei as redes sociais para desprestixiar a ninguén, porque eu non me considero con preeminencia moral para xulgar ós meus semellantes, sobre todo en temas que ignoro. Na Rede é moi doado desacreditar a calquera persoa dun modo indefinido, e sen dar posibilidade de reparación, e o que é máis lamentablemente, feito todo anónimamente. Creo que hay outros métodos que por non menos ruidosos son menos eficaces.
    Non pretendía que cambiárades o modo de proceder en xeral, pero que sí polo menos recoñecésedes que cometérades un gravísimo erro na denuncia do estudo do petroglifo de Pornedo 1.1. Daquela presentades o feito como un intolerable escándalo máis ou menos coa entidade dun irreparable delito. Agora vexo, que as nosas valoracións tan só “difiren notablemente”, pero que a vosa opinión (so opinión) se basa únicamente em impresións sen xustificación científica, e tamén en valoracións de arqueológos. Pero sabede que na Ciencia (con maiúsculas) non valen opinións, nin valoracións, nin impresións de ninguén; aquí non hai democracia, so se admiten as verdades empirícamente comprobables. So uns poucos arqueológos estamos especializados en Arte Rupestre, e que eu saiba, ninguén xamáis chegou á conclusión, despois de estudos apropiados, que o deseñado en xiz a dobre suco (perfilado) fose mecánica ou químicamente agresivo para as graburas. Pero ademáis que se saiba non hai outro método eficaz e máis adecuado para proceder ó seu minucioso estudo. Hai outros métodos, pero son sempre complementarios, insuficientes ou inoperantes (por exemplo a “frotaxe” ou a iluminación oblicua), que non obstante poden abraiar ós afeizoados, pola sua espectacularidade. Se non estades de acordo con este procedimento recorrede a Rede e veredes artigos e artigos de arqueólogos rupestres que xustifican e fan uso con total normalidade do método do xiz en granitos. O que sí se acordou foi que nas publicacións, sobre todo nas divulgativas non se publicasen petroglifos pintados, como se facía antes, porque, simplemente daba “mal exemplo” para os afeizoados porque podían adoptar iniciativas inapropiadas, e ademáis debuxando un petroglifo non solucionan nada. Levo xa 30 anos investigado e non coñezo a ningún arqueólogo en absoluto que non emplease este método sistemáticamente. Falades de opinións negativas doutros arqueólogos, pero a época do “magister dixit”, hai séculos que non se usa, e xa desde entón, as ideas de cada quen se asimilan individualmente e deben verquerse en función dos coñecementos proprios, e non delegados. Ademáis sería e moita importancia saber a identidade deses arqueólogos que os asesoran para ver se contan co necesario respaldo bibliográfico, ou unha demostrable experiencia na investigación da Arte Rupestre.
    E por último, decirvos que estou con vos en que no Monte Pornedo non se instale un polígono industrial. Coñecendo o terreno, me parece unha auténtica aberración, e non creo que sexa un proxecto serio, porque entre outras cousas non compensa económicamente. É una impresión miña, pero o Monte Pornedo é un bo lugar para establecer unha urbanización (é un impresionante mirador). A ver se é esa e non outra a idea que subxace a longo prazo no proxecto, que se materializaría despois dun estudo de viabilidade e corrector e nunha recualificación. Valorade esa posibilidade, porque o do polígono industrial…

  3. Estamos moi ocupados traballando para conservar este monte, sexa dun polígono, dunha urbanización ou dun galpón, así que non lle temos tempo de ler tanta palabrería. Só unha cousa, do que puidemos ver por riba: TODO o material ALLEO, sexa literario ou xornalístico, está perfectamente identificado co nome dos seus autores e a fonte da que proceden; agás os contidos de autoría propia. Non sexa que, no seu persistente afán por atacarnos, tamén nos acuse de plaxio.

  4. […] artigo titulado EL PAÍS DENUNCIA O QUE XA ADVERTIU ESTE BLOGUE SOBRE O PATRIMONIO RUPESTRE, de febreiro de […]


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: