Publicado por: MontePituco | 27/12/2013

OS EFECTOS DO TEMPORAL DIRK NO MONTE PITUCO

O rego que canaliza a auga, atascado de terra e area.

O paso do temporal Dirk nos últimos días deixou unha pegada ben visible no Monte Pituco. Non sabemos que forza chegou a acadar o vento; quizais non se igualaron os 190 quilómetros por hora rexistrados en Carballeda de Valdeorras, pero a intensidade foi suficiente como para tumbar árbores de certo porte e tronzar troncos pola metade.

Tamén foron abundantes as chuvias. Os regos laterais da pista forestal do Monte Pituco non deron canalizado tanta auga; en parte porque, malia que por fin a Comunidade de Montes acometeu a retirada da maleza que medrara nestes regos, parte desa broza quedou atascando o surco, e a terra que se foi acumulando durante o prolongado tempo de abandono non se quitou para facilitar que as pluviais discorresen monte abaixo sen obstáculos.

Resultado: a auga da chuvia vai polo rego pero, nos puntos onde se acumulan os restos vexetais, a area e as pedras, o torrente reborda e acaba inundando a pista, que empeora progresivamente o seu xa deteriorado estado.

A mellora desta pista forestal é unha das moitas asignaturas pendentes da Comunidade de Montes e, aínda que a directiva se comprometera a incluila nun paquete de viais pendentes de reparación, é unha das actuacións que segue agardando ‘sine die’ polo seu arranxo.

Pinos tumbados e tronzados polo vento.

da pista forestal do Pituco

En pleno val do Pornedo máis dunha árbore resultou damnificada pola forza do vento.

Moitas pólas acabaron no chan.

Tal foi a forza do ventoTal foi a intensidade do vento que tronzou árbores de certo grosor.

Os sendeiros entre o monte quedaron cubertos de pólas, paus e restos vexetais tralo temporal.

No límite entre os montes de Vilaboa, Figueirido e Salcedo, atopamos outra mostra da virulencia desta recente cicloxénese explosiva: unha sobreira que derrubou o temporal e quedou coa raíz ao aire. Mágoa dela; non abundan especies desta árbore corticeira nesta contorna.

Sobreira situada no monte de Vilaboa. Decembro 2013.

Decembro 2013

Sobreira, en novembro de 2013.

Novembro 2013


Deixar un comentario

Categorías