
A poeira do tempo
riba da memoria deste día
non me roube a súa difusa prata,
os seus ocres pálidos.
Non me deixe indefenso e nu
sen a súa inconcreta ofrenda
de matices ante a noite.
Non me deixe a ferida delicada
deste momento en música que vencido
de agonía se inclina,
sen a opulencia esplendorosa
dos bordados do seu traxe,
como unha fermosa dama que viste
de ouro a súa fráxil luz
diante da morte.
[ADAGIO, OFRENDA ULTIMA: Xulio L. Valcárcel]



Deixar un comentario