Publicado por: MontePituco | 01/10/2013

PRÓXIMO ROTEIRO REIVINDICATIVO POLO PORNEDO

Vista dende o Alto da Encavada. Foto de Cándido Martínez (Luita Verde).

A Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo organizará a finais deste mes un roteiro reivindicativo pola zona que abarca o Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños e que pasará polo Monte Pornedo. O obxectivo desta andaina reivindicativa é rexeitar o proxecto de construcción dun polígono industrial previsto no PXOM de Marín neste enclave pertencente aos Montes do Morrazo, catalogados como Espazo Natural nas Normas Subsidiarias e Complemetarias de Planeamento a nivel provincial.

Un lugar sobre o que tamén pesa a ameaza do Plan Sectorial de Ordenación de Áreas Empresariais de Galicia que impulsa a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e que baralla a posibilidade de crear unha área loxística Marín-Pontevedra entre o Monte Pornedo e o monte veciñal de Lourizán pese á negativa do Concello de Pontevedra, que alegou en contra argumentando que no seu PXOM está recollida como zona de protección arqueolóxica.

O roteiro chegará ata o Alto da Encavada, afectado polo proxecto de parque élico previsto en Pedras Negras, e que podería incluir un aeroxenerador nese punto, dentro da área de reserva eólica do Morrazo.

Tanto dende o Alto do Pornedo como da Encavada obsérvanse espectaculares panorámicas da ría de Marín, polo que será un roteiro no que destacará o aliciente paisaxístico. Haberá guías que darán explicacións ao longo do itinerario, ao paso por elementos de interese arqueolóxico, etnográfico e medioambiental.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: