
Que a vexetación rodea o conxunto rupestre do Pornedo e a entidade propietaria do terreo non autoriza a súa limpeza
Que a Xunta non inviste abondo no monte veciñal
Que o monte é un caótico polvorín de biomasa seca cunha extensión forestal desordeada e plagada de especies invasivas
Que cada vez hai menos terreos para expropiar, e que vai ser entón dos ingresos da comunidade de montes cando quede sen monte
Que arde nos montes limítrofes e non ten trazas de chover
Que se desmantela o vello mobiliario que quedaba na área recreativa do Pornedo deixando sen sentido o recheo autorizado para a construcción da variante
Que hai que compartir cos comuneiros/as da parroquia o uso da churrasqueira instalada na casa de montes
Que proxectan a construcción dun polígono industrial nun espazo natural pertencente aos Montes do Morrazo
Que aquí faise o que diga a “maioría” que para iso hai democracia aínda que sexa a costa de incumprir a lexislación
Que unha asociación pesada non fai máis que incordiar co medio ambiente e co patrimonio



Deixar un comentario