O Diario de Pontevedra faise eco da información que xa anunciamos trala xuntanza organizada o pasado 6 de agosto polo Concello de Marín cos afectados polas obras da nova rede de abastecemento de auga que fará Acuaes.
Acuaes vai estimar favorablemente a alegación presentada por DEFENDE O MONTE PITUCO e non se construirá o colector previsto no primeiro proxecto.
O resume daquel encontro co técnico pódese ler no artigo titulado “Segunda reunión sobre Acuaes“.
Como xa anunciamos neste mesmo blogue, os esforzos de DEFENDE O MONTE PITUCO vanse centrar en reivindicar a protección do conxunto rupestre catalogado de Pinal de Caeiro, situado a carón da pista de servizo da Variante pola que se van canalizar os tubos da auga.
Deixar unha resposta