Publicado por: MontePituco | 23/08/2013

COMUNIDADES DE MONTES QUE COIDAN DO PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO

O arqueólogo Xosé Lois Vilar.

Esta noite de venres, 23 de agosto, a Comunidade de Montes de Amoedo e o Instituto de Estudos Miñoranos organizan unha ruta polas mámoas e petroglifos existentes nesta parroquia de Pazos de Borbén. O punto de encontro será ás 21:30 horas no Centro Cultural de Amoedo.

Esta freguesía conta cun conxunto de 22 mámoas e 60 petróglifos -a maioría deles de trazo abstracto-. O guía do roteiro será o arqueólogo Xosé Lois Vilar que, antes da saída ofrecerá unha charla sobre “Escenas de caza na arte rupestre galega e portuguesa”. Roupa de abrigo e calzado cómodo, e unha lanterna, son os materiais necesarios para disfrutar desta interesante actividade.

Cando no ano 2009 se descubriron en Amoedo unha parte importante destes gravados rupestres, a prensa recolleu como a Comunidade de Montes apoiaba a posta en valor destes elementos. Foi un veciño da zona, Jorge Álvarez, quen os atopou e notificou a existencia deste patrimonio, que foi catalogado polo arqueólogo e investigador Manuel Santos.

“La asociación de vecinos y la Comunidad de Montes de Amoedo han mostrado su intención de conservar y dar a conocer estos hallazgos de arte rupestre como muestra de la riqueza patrimonial de la parroquia, por lo que proponen adecuar y señalizar los grabados para que puedan ser visitados una vez se realicen estos estudios” (Faro de Vigo, 14 de abril de 2009).

 

Comunidade de Montes de Amoedo, nunha visita aos petroglifos (foto, Faro de Vigo).

“Con esta iniciativa pretendemos poner en valor este patrimonio como atractivo turístico y hacer un llamamiento a las administraciones para que nos apoyen en la conservación y promoción de este importante conjunto arqueológico”, explica el presidente de los comuneros, Manuel Fernández. La comunidad de montes ha trazado un sendero que recorre la zona y han señalizado los petroglifos con estacas de madera, aunque solicitan la colaboración de Patrimonio y del Concello para instalar paneles informativos a lo largo del trazado, así como la edición de folletos que ayuden a divulgar esta riqueza patrimonial”. (Faro de Vigo, 30 de agosto de 2012).

E outra entidade veciñal que apoia a conservación e promoción do seu patrimonio arqueolóxico: a Comunidade de Montes de Santa Cristina da Ramallosa, en Baiona, organiza para este sábado 24 de agosto unha visita aos petróglifos de Outeiro dos Lameiros. É un exemplo de “como se lo montan” os que apostan polo patrimonio arqueolóxico como motor de dinamización económica. Cómpre prestar atención ao cartaz:

Visita aos montes de Santa Critina da Ramallosa (Baiona).

-a visita é de balde para quen vai pola súa conta pero contratan un servizo de autobús polo que lles cobran 10 euros aos visitantes maiores de 15 anos que optan por achegarse neste medio de transporte.

-poñen a disposición dos interesados uns teléfonos de contacto para confirmar reservas e ter unha previsión do número de visitantes; un detalle útil para calcular o tipo de servizo de autobús que cómpre contratar en función da capacidade.

-a visita non só inclúe petroglifos, senón outros elementos de interese: unha calzada medieval, un bosque autóctono, parcelas adicadas á produción de cogomelos, colmeas para a produción de mel…

-complementan a visita con actuacións de teatro e música tradicional a cargo de grupos da parroquia.

-instalan un posto de bocadillos e bebidas para que, ao final do roteiro, os visitantes poidan repoñer enerxías, e fan unha queimada.

O da Comunidade de Montes de Santa Cristina da Ramallosa é un exemplo de como artellar unha estratexia integral de posta en valor dos seus recursos, aproveitando todas as sinerxias posibles, implicando á veciñanza local, xerando beneficios para a comunidade e creando postos de traballo.

Outras, pola contra, seguen dándolle as costas a estes modelos de xestión complementarios e dinamizadores do monte. Mentres unhas comunidades de montes suman e van a máis, outras restan e van a menos. Potenciar o monte apostando por darlle unha dimensión multifuncional ‘versus’ descapitalizar o territorio veciñal a base de expropiacións para facer caixa.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: