Publicado por: MontePituco | 15/08/2013

INCENDIO EN SALCEDO

O fume detrás do Alto da Encavada, no monte veciñal de Salcedo.

Sobre as 8 menos vinte da tarde foi cando quedou controlado o incendio forestal que se declarou tres horas antes no monte veciñal de Salcedo, nunha zona onde o pasado inverno se fixera unha tala de eucaliptos para o acondicionamento dun campo de manobras para a Brilat. Despois da corta, aínda quedaran restos de madeira que estaban pendentes de triturar, polo que a Comunidade de Montes aínda non lle devolvera a fianza ao madeireiro.

O caso é que o lume calcinou un tractor e os primeiros indicios apuntan, de feito, a que a orixe do lume puido deberse a unha chispa dunha máquina que traballaba na zona.

A falta de poder estar preto do Monte Pituco para seguir dende o máis preto posible a evolución das lapas que, a causa do vento, ameazaban con traspasar os lindes coas comunidades de montes de Lourizán e de San Xulián, seguimos dende a distancia, e con moita preocupación, as novas que se ían coñecendo sobre o incendio.

Grazas a que houbo un amplo despregue de medios por parte da Xunta -3 axentes, 8 brigadas, 4 motobombas, 3 avións e 4 helicópteros- as labaradas quedaron controladas con relativa prontitude. Cando a iso das 9 e media subiamos pola estrada de San Xulián, non quedaba no horizonte -detrás do Alto da Encavada- máis que unha leve cortina de fume onde ata uns momentos antes houbera unha espectacular fumareda que se puido ver a moita distancia, dende moitos puntos das bisbarras de Pontevedra e do Morrazo.

Quedou nun susto. Pero un susto que nos debe facer reflexionar a todos sobre a importancia de manter os montes o máis limpos posible, sobre o acatamento das instruccións da Administración en épocas de alto risco de incendios, sobre a necesidade de ir apostando por repoboar con especies frondosas e autóctonas en sustitución do pirófito eucalipto, sobre a perda ambiental e económica que provoca o lume nos nosos bosques.

Quedou nun susto, pero haberá que extremar as precaucións e seguir cos ollos ben abertos para que na nosa contorna non volvamos padecer esta lacra destrutiva.

…………………………………………………

Fotos cedidas por Paulo Troitiño Iglesias:

Vista do incendio en Salcedo dende Coirados (Marín). Foto de PauloTroitiño.

Collendo auga na lagoa de Castiñeiras. Foto de Paulo Troitiño.

Foto de PauloTroitiño.


Responses

  1. […] mostra, o lume que se declarou no monte de Salcedo o pasado 14 de agosto a causa duns traballos forestais que se estaban a facer sen coñecemento da Xunta de Montes, tras […]

  2. […] esta tarde o Monte Pituco. Xa lle andivo relativamente cerca o pasado 15 de agosto a causa doutro incendio forestal no monte veciñal de Salcedo. Nesta ocasión ardeu en Lourizán, na zona do Regueiriño. As lapas prenderon arredor das 13:30 […]


Deixa unha resposta a O LUME VOLVE CERCAR O MONTE PITUCO | DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo) Cancelar a resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: