Publicado por: MontePituco | 12/06/2013

22 DE XUÑO, HOMENAXE A XAN MONTENEGRO

22 de xuño, 21h, no cruce do Carballal, homenaxe a Xan Montenegro.

Este vindeiro 17 de xuño cúmprense dous anos do pasamento do noso amigo e veciño Xan Montenegro. Os seus compañeiros de Ronsel, de Marinenses Independentes, os seus familiares, organizan unha homenaxe, sempre merecida. Será o sábado 22 ás 21:00 horas no cruce do Carballal. Haberá palabras de afecto na súa memoria e descubrirase un monumento adicado á súa figura.

…Na súa memoria, non sucumbiremos endexamais á resignación nin ao desalento.

Eran outros tempos cando Díaz Castro escribiu a súa Penélope:

“Un paso adiante e outro atrás, Galiza,

e a tea dos teus soños non se move…”.

Pero Xan si soñou… e transformou!

Fixo da xenerosidade, da confianza en si mesmo e nos demais,

unha bandeira que lle reportou o respecto e a admiración dos bos e xenerosos.

Tanto lle tiñan os murmurios estériles e baleiros dos imbéciles e escuros.

Por iso, no astrolabio do Monte Pornedo, o seu balcón da ría,

xa se divisa unha constelación brilante co seu nome:

o nome da estirpe doce e guerreira dos Montenegro-Villanueva…

[Palabras de homenaxe a Xan Montenegro no acto cívico de xullo de 2011]


Respostas

  1. pasaba por aquí's avatar

    Totalmente de acordo coas túas palabras

    • MontePituco's avatar

      Moitas grazas. Será unha homenaxe emotiva e agarimosa, coa asistencia de toda a xente que apreza a Xan. Na súa ausencia faise máis evidente a diferenza entre os que, coma el, pasaron polo movemento veciñal e polo ámbito político facendo aportacións positivas; e os que actualmente ocupan ámbitos de poder dun xeito instrumental e interesado, sen deixar máis pegada que un mal recordo e o desexo colectivo de que se lles acabe o conto dunha vez por todas.


Deixa unha resposta a MontePituco Cancelar a resposta

Categorías