Publicado por: MontePituco | 07/04/2013

VOLVEMOS ANDAINAR POLO CASTRO DA SUBIDÁ

Ponte Zapal, un dos enclaves representativos do pasado histórico de Marín.

Rúa Ponte Zapal.

O arqueólogo marinense Álvaro Arizaga foi o guía da visita organizada por Queremos Galego Marín ata o castro da Subidá. Unha andaina que tivo varias paradas polo camiño: en Ponte Zapal, un lugar que, a pesar da localización de restos arqueolóxicos, está nun estado de conservación nefasto, moi preto do lugar onde vivira José Meijón, cuxa casa -capela incluida- foi vítima da piqueta, como moitos espazos singulares do vello Marín.

As pegadas de Meijón, un atípico arqueólogo afeccionado, acompañaron o noso percorrido: baixo a ponte da Calzada, no lavadoiro a carón do Lameiriña e mesmo no propio ámbito do castro, cunhas espectaculares figuras nunha parede de pedra que foi aproveitada polos canteiros da época.

…A cantería no eido local; sería un interesante motivo de estudo histórico para averiguar o que supuxo esa actividade para a economía marinense, cales eran os principais puntos de extracción, a que se destinaban os bloques de pedra.

A presenza de Pepito Meijón, cos seus característicos petroglifos modernos.

Os muíños, esquecidos no proxecto do Arela. En fin!

Polas corredoiras, camiño do Castro da Subidá.

A cruz que coroa a antiga finca de López.

Bordeamos o río, mais non non polo paseo construido cos fondos do Arela. Unhas obras que, por desgraza, non beneficiaron as dúas beiras do curso fluvial e deixaron esquecida unha parte fundamental da historia e do patrimonio arquitectónico tradicional, os muíños. Despois de avanzar por corredoiras de terra e camiños de cemento chegamos ata outro solar onde se catalogaron máis restos de orixe romana, tamén pendentes de que “algún día” se realice un estudo que permita documentar a orixe de Marín.

Accedemos ao castro “como inimigos” ironiza Arizaga: non a través do sendeiro habilitado nas obras de rehabilitación do poboado, senón dando a volta pola Porteliña, subindo polo que fora a muralla defensiva. Pola zona apareceron vestixios antigos: unha pedra con gravados circulares de orixe indeterminada e outra con petróglifos da época castrexa; en ambos casos carecen de protección e cada nova visita á zona a pregunta fai que nos preguntemos se aínda seguen aí e en que condicións.

Malia que o castro está catalogado e suponse que lle corresponde un perímetro de seguridade, no borde da estrada hai un enorme desterre. Sorprendémonos tamén, a carón dun poste, con evidencias do que debeu ser o “concheiro” do castro: o lugar onde os habitantes botaban os residuos da comida, e entre eles, nada máis botar a man ao chan, restos de cerámica castrexa e cunchas de moluscos.

A carón dunha finca catalogada pola presenza de restos da época romana.

A carón da estrada, o concheiro da época castrexa, con restos de cerámica e lapas.

Non se supón que no ámbito dun castro hai un perímetro de protección?

A carón dun petróglifo de orixe incerta.

A muralla do castro da Subidá.

Bordeando a muralla do Castro da Subidá.

A carón dos restos dun petróglifo da época castrexa.

Pola muralla do castro da Subidá.

Baixando á zona restaurada do castro da Subidá.

Restos dunha canteira no espazo do castro.

Espectaculares gravados de Pepito Meijón.

Xunto con Álvaro Arizaga, outro dos protagonistas da visita foi o arqueólogo Xurxo Ayán, coautor do libro “Herdeiros pola forza”, que deu unha interesante charla ao mesmo pé das cabanas, comparando a civilización castrexa coas tribos etíopes que Ayán puido coñecer nunhas excavacións. Unha explicación que serviu para desterrar antigas teorías sobre a forma das vivendas que, polo feito de ser rectangulares, non necesariamente foran romanizados.

E dende o castro da Subidá contemplamos o Monte Pituco, xusto enfronte. Que sentido pode ter -…ningún!-a posta en valor dun poboado castrexo se aos seus visitantes se lles ofrece unha paisaxe estragada polo formigón, as naves industriais e os taludes dun polígono. Sería unha agresión ao territorio, unha vergoñenta mostra de feísmo e unha burla ao erario público, que tanto permite a reconstrucción dun xacemento arqueolóxico como o estrago do seu contexto territorial.

O arqueólogo Xurxo Ayán explicando como era a civilización que poboaba un castro.

Vista do Monte Pornedo dende o castro Subidá.

Vista do Monte Pituco dende o Castro da Subidá.

O arqueólogo marinense Álvaro Arizaga foi o guía da visita organizada por Queremos Galego Marín ata o castro da Subidá. Unha andaina que tivo varias paradas polo camiño: en Ponte Zapal, un lugar que, a pesar da localización de restos arqueolóxicos, está nun estado de conservación nefasto, moi preto do lugar onde vivira José Meijón, cuxa casa -capela incluida- foi vítima da piqueta, como moitos espazos singulares do vello Marín.

As pegadas de Meijón, un atípico arqueólogo afeccionado, acompañaron o noso percorrido: baixo a ponte da Calzada, no lavadoiro a carón do Lameiriña e mesmo no propio ámbito do castro, cunhas espectaculares figuras nunha parede de pedra que foi aproveitada polos canteiros da época.

…A cantería no eido local; sería un interesante motivo de estudo histórico para averiguar o que supuxo esa actividade para a economía marinense, cales eran os principais puntos de extracción, a que se destinaban os bloques de pedra.

Bordeamos o río, mais non non polo paseo construido cos fondos do Arela. Unhas obras que, por desgraza, non beneficiaron as dúas beiras do curso fluvial e deixaron esquecida unha parte fundamental da historia e do patrimonio arquitectónico tradicional, os muíños. Despois de avanzar por corredoiras de terra e camiños de cemento chegamos ata outro solar onde se catalogaron máis restos de orixe romana, tamén pendentes de que “algún día” se realice un estudo que permita documentar a orixe de Marín.

Accedemos ao castro “como inimigos” ironiza Arizaga: non a través do sendeiro habilitado nas obras de rehabilitación do poboado, senón dando a volta pola Porteliña, subindo polo que fora a muralla defensiva. Pola zona apareceron vestixios antigos: unha pedra con gravados circulares de orixe indeterminada e outra con petróglifos da época castrexa; en ambos casos carecen de protección e cada nova visita á zona a pregunta fai que nos preguntemos se aínda seguen aí e en que condicións.

Malia que o castro está catalogado e suponse que lle corresponde un perímetro de seguridade, no borde da estrada hai un enorme desterre. Sorprendémonos tamén, a carón dun poste, con evidencias do que debeu ser o “concheiro” do castro: o lugar onde os habitantes botaban os residuos da comida, e entre eles, nada máis botar a man ao chan, restos de cerámica castrexa e cunchas de moluscos.

Xunto con Álvaro Arizaga, outro dos protagonistas da visita foi o arqueólogo Xurxo Ayán, coautor do libro “Herdeiros pola forza”, que deu unha interesante charla ao mesmo pé das cabanas, comparando a civilización castrexa coas tribos etíopes que Ayán puido coñecer nunhas excavacións. Unha explicación que serviu para desterrar antigas teorías sobre a forma das vivendas que, polo feito de ser rectangulares, non necesariamente foran romanizados.

E dende o castro da Subidá contemplamos o Monte Pituco, xusto enfronte. Que sentido pode ter -…ningún!-a posta en valor dun poboado castrexo se aos seus visitantes se lles ofrece unha paisaxe estragada polo formigón, as naves industriais e os taludes dun polígono. Sería unha agresión ao territorio, unha vergoñenta mostra de feísmo e unha burla ao erario público, que tanto permite a reconstrucción dun xacemento arqueolóxico como o estrago do seu contexto territorial.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

A %d blogueros les gusta esto: