
Toño Vázquez e Rafa Quintía, da SAGA, con Miguel, da Comunidade de Montes de Salcedo, coa cerdeira que plantaron con motivo do Día Forestal Mundial.
Rosalía Rodríguez e Xosé Feijóo, da SAGA, plantaron un carballo no Monte da Fracha, en Pontevedra.
A Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) celebrou o Día Forestal Mundial cunha acción simbólica a prol do medio ambiente, da recuperación dos bosques e da paisaxe tradicional: a plantación dunha árbore autóctona en cada unha das catro provincias galegas.
Foi unha iniciativa plural, extensiva a toda a cidadanía sensible co medio ambiente e coa cultura. No blogue da SAGA aparecen diversos testemuños gráficos das experiencias que se levaron a cabo en distintos puntos da nosa xeografía.

Fiz, Anxo e Miguel Losada plantaron un carballo no Monte Meda, Alto Támega, Ourense.
David Outeiro e o seu can, Bran, plantaron un teixo na zona de Bullón, Lugo.
Eugenio Karkallón plantou un carballo no Monte das Arcas, provincia da Coruña.
No Monte Pornedo hai tempo que plantamos o noso símbolo da resistencia: un carballo que, como a vida, foi experimentando as súas vicisitudes, pero que aí sigue, anclado coas súas raíces á terra, facendo a súa humilde contribución a purificar o aire que respiramos, e segregando nel o aroma da dignidade dun grupo de veciños e veciñas que defendemos este monte da barbarie destructiva e da cobiza irracional dos que se queren lucrar a costa da ilegalidade e da inmoralidade.

En abril de 2010.

En novembro de 2011.

En abril de 2013.
Pero o Monte Pornedo non é o único foco de resistencia. Os bosques autóctonos e a paisaxe tradicional galega, sobre os que se forxaron mitos e lendas ancestrais, e que conforman a nosa historia e identidade colectiva, atópanse nun momento de debilidade ante diversos proxectos produtivos e de infraestruturas que agreden a súa integridade e a súa pervivencia.
Neste sentido, a SAGA pretende saír na defensa destes espazos naturais e implicar nesta corrente solidaria a toda a cidadanía.
Plantación de especies autóctonas en Ourense, con X.R. Reigada, X. L. Lozano, P. Carballo, R. Castro,E. Castro e C. Videferre.
Nipis, cunha aveleira no regato de Rivas no val do Támega, Ourense.
En Vilar de Barrio, Ourense.








“Cando penso que un soio home, armado únicamente dos seus recursos físicos e morais, foi capaz de facer xurdír dun ermo esta terra prometida, convénzome de que, a pesar de todo, o xénero humano é admirable”.
(Jean Giono)
O home que prantaba árbores
By: pasaba por aquí on 26/03/2013
at 16:21