Unhas 30 persoas participaron na andaina organizada pola Asociación Cultural Almuinha de Marín e a comisión técnica do proxecto para a creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños. O roteiro partiu do Monte Pornedo, na parroquia de San Xulián de Marín, e percorreu diversos puntos dos montes veciñais de Lourizán e Salcedo, para voltar ao punto de saída. Os petroglifos do Pornedo e dos Sete Camiños, de Regato dos Buratos-Outeiro da Mina e da laxe da Moura, as mámoas dos Sete Camiños e do Catadoiro, os miradoiros naturais dos montes Catadoiro e Pornedo, foron algúns dos lugares visitados. Ao longo do itinerario prantáronse varios exemplares de carballo para conmemorar simbolicamente o Día Forestal Mundial que se celebrará este vindeiro 21 de marzo. Os participantes na andaina -procedentes de localidades como Marín, Pontevedra, Moraña e Vigo- portaron bolsas coas que se recolleron envases plásticos, latas e botellas que ao remate da andaina se depositaron nos contenedores oportunos, contribuíndo así a manter o monte máis limpo. O obxectivo deste roteiro, que se repetirá en vindeiras ocasións, é dar a coñecer a riqueza ambiental e cultural deste espazo, ameazado en parte pola construcción dun polígono industrial.

















…Moitas grazas a tod@s, ata a próxima andaina…



[…] este pasado fin de semana, un roteiro polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, tres anos despois do último percorrido que os promotores desta entidade cultural convocaran en marzo de 2013 polos […]
By: RUTA POR SETE CAMIÑOS ORGANIZADA POR ALMUINHA | DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo) on 18/04/2016
at 19:00