Publicado por: MontePituco | 09/03/2013

RESTOS ROMANOS ENTRE UNHA DEPURADORA, UNHA AUTOVÍA E UNHA VÍA FÉRREA

Diario de Pontevedra, 9 de marzo de 2013.

Diario de Pontevedra, 9 de marzo de 2013: “Pontevedra pone el foco en la villa romana localizada en Os Praceres“.

Hai 12 anos os técnicos que fixeron aquel amago de estudo arqueolóxico das obras do tren ao porto que atravesou a Praza de Praceres -si, esa obra declarada ilegal polo Tribunal Supremo- avisaron que os restos de orixe romana e visigoda que apareceron en O Sartán non eran ‘moco de pavo’. Pero os movementos de terra, as cimentacións, a colocación das travesas e toda a parafernalia para construir o camiño de ferro eran de sumo interese “xeral” e nin paralización dos traballos nin ‘rabo de gaitas’.

12 anos despois, o Concello de Pontevedra ten a ben anunciar a súa intención -malia que do dito ao feito vai un longo treito- de pescudar que deixaron aí os que poboaron esa zona entre os séculos II e IV e mesmo. Aínda que, se ergueran a cabeza, aqueles antigos poboadores o mesmo preferirían volver deitar os seus ósos na terra ao comprobar en que se converteu acaso esa vila romana ou tal vez esa planta de salazón; os arqueólogos dirán.

Porque no reducido espazo no que se localizan eses restos arqueolóxicos hai unha depuradora, unha vía férrea, unha estrada, unha autovía e unha fábrica de pasta de papel.

Pero máis vale tarde que nunca, e ogallá ese estudo revele -como é máis que posible- que nese pequeno enclave do saco da ría agromou unha civilización nobre e próspera da que son dignos herdeiros os veciños e veciñas de Praceres, defensores a ultranza do seu terruño fronte a intereses económicos, políticos e especulativos.

No artigo do Diario de Pontevedra faise referencia á decisión do Consello Asesor do Patrimonio de catalogar os elementos históricos que permanecían sen clasificar. E entre eles figura a MÁMOA dos SETE -non “setenta”, como erroneamente se publica- CAMIÑOS, no límite con Marín. A carón do lugar onde o Concello de Marín pretende instalar un polígono industrial que -insistimos- non só creará un brutal impacto paisaxístico, unha afección á fauna e á flora sensible, aos mananciais que subministran á veciñanza, que suporá un desembolso económico extraordinario pola nula idoneidade técnica dos terreos, senón que ademais arrasará o contorno no que se localizan abundantes xacementos arqueolóxicos catálogados e non catalogados, como a mámoa recén descuberta.

Lugar no que se localiza a mámoa de Sete Camiños, recentemente descuberta.

 


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Categorías

%d bloggers like this: